Por Galicia Confidencial | Vigo | 10/12/2017 | Actualizada ás 12:07
A totalidade dos grupos do Parlamento galego xa coñecen os plantexamentos da recién creada Plataforma polo Comercio Local – Non a Porto Cabral, que aglutina o 90% do comercio de Vigo e a súa área de influencia. En xeral, segundo representantes da plataforma, os partidos con representación parlamentaria transmitiron o seu apoio as posicións deste colectivo.
Portavoces desta plataforma, representando ás asociacións viguesas de Príncipe, O Calvario (Aceca) e Travesas (Aetravi), e polos concellos veciños a Asociación de Empresas de Rendondela (AER), mantiveron esta semana unha rolda de reunións no Parlamento de Galicia. Primeiro cos responsables de En Marea, co seu voceiro Luís Villares ao frente; tamén có BNG e a súa voceira, Ana Pontón; con membros do grupo parlamentario do PP (a viguesa Teresa Egerique e o diputado redondelán José Alberto Pazos); e por último co vigués Abel Losada, representando o PSdG-PSOE.
A todos se lles informou do que a implantación deste macrocentro suporía para o sector a destrucción de miles de empregos na comarca de Vigo, un paso atrás no desenvolvemento sustentábel de Vigo e arredores, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo dende hai anos.
A devandita plataforma pediulle aos grupos parlamentarios galegos que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto. PP, BNG e En Marea comunicaron que están nesa liña, mentras que o socialista Abel Losada, que falou a nivel persoal, dixo que apoia os comerciantes pero que será o partido quen decida que facer neste tema, algo que non teñen aínda decidido.
Os deputados recoñeceron aos membros da plataforma que a presentación de 70.000 firmas a favor de Porto Cabral non ten, a nivel parlamentario, ningún tipo de validez.
O comercio local reúne a uns 20.000 negocios en Vigo e a súa área, que dan traballo a 30.000 persoas, e o sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.