Temas: VIGO IGUALDADE

A campioa do mundo dominicana que agardou cinco anos para que España validase o seu matrimonio cun galego

Yaniris Pena non puido saír da República Dominicana ata que o Goberno español non recoñeceu o seu casamento con Xosé Regueiro. Unha unión que denegou en repetidas ocasións ao entender que se trataba dun matrimonio de conveniencia. Tras o erro, pediu desculpas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/12/2017 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Esta é unha historia de amor triste pero con final feliz. O amor e a paixón entre os seus protagonistas é moi semellante á que Shakespeare escribiu de Romeo e Xulieta. Un galego, Xosé Antonio Regueiro, de Nogueira de Ramuin, nado ao pé do Sil, e Yaniris Pena, dominicana, nada en Villa los Almazigos (Santiago Rodríguez), protagonizaron un romance digno dun filme de amor. 

Yaniris Pena, de República Dominicana, e Xosé Antonio Regueiro, de Galicia, botaron cinco anos para que o Goberno Español recoñecera o seu casamento
Yaniris Pena, de República Dominicana, e Xosé Antonio Regueiro, de Galicia, botaron cinco anos para que o Goberno Español recoñecera o seu casamento

Coñecéronse no bar Mus do Calvario, en Vigo, no 2012. Foi, como se di popularmente, un frechazo. Os dous estaban divorciados e os dous padecían a síndrome “da soidade”.  Non dubidaron en xuntar as súas vidas. Ela, como tantos miles de inmigrantes carecía do permiso de residencia, o que a obrigou a regresar ao seu país.

Entón, Xosé non dubido en viaxar á República Dominicana e casar con Yaniris para facilitar a súa situación de volta a Europa. Pero o problema comeza a xurdir cando intentan inscribir o casamento no consulado español dese país. As autoridades consulares consideraron o casamento como unha fraude de lei xurídico disimulado. Malia todas as probas, a vice cónsul de España, Ainoha Fabrega, toma a decisión de denegar dito casamento. Comeza entón un auténtico pesadelo para a parella que, durante cinco anos di sufrir “todo tipo de humillacións e discriminacións” nas dependencias consulares españolas. 

NEGATIVAS

“Infinidade de veces Yaniris intentou conseguir unha resposta e terminou voltando a casa chorando”, asegura o seu home. En dúas oportunidades Xosé reiterou o pedido de inscripción do matrimonio, tendo sempre unha resposta negativa. En todo este tempo os dous namorados sufriron todo tipo de consecuencias, tanto económicas como sicolóxicas. 

De feito, e segundo apuntan, Yaniris sufriu unha trombosis con lesións faciais e un estado agudo de depresión, mentres que Xosé recorreu aos medios de comunicación, a numerosos avogados, para denunciar a inxusta situación. Neste último mes de febreiro Regueiro decidiu viaxar a Santo Domingo, para facer o seu último intento, para poder legalizar o casamento. Logo de volver realizar unha nova inscripción consular e, fronte ás evidencia da legalidad do casamento, o vice cónsul Ángel Alvar Merino, tramitou positivamente a solicitude. 

Logo de anos de incomprensión, Alvar Merino,  en nome do goberno español, desculpouse dos erros cometido neste caso e dixo que moitos funcionarios, actúan con prexuicio, rexeitado ao redor de catro mil inscripciones matrimoniais por ano. Regueiro manifestou que o vicecónsul español demostrou a súa gran sensibilidade e profesionalidade ao recoñecer os erros cometidos polas autoridade consulares anteriores.

MEDALLAS DE OURO

Regueiro expresa con pesar, que os españois teñen pouca memoria, porque foi a República Dominicana á que acolleu a milleiros de emigrantes galegos desde fins do século pasado, como así tamén durante o exilio español. Pola súa banda, Yaniris, unha das deportistas máis importantes do seu país, gañadora de múltiples medallas de ouro en atletismo, sinalou que sente unha gran satisfacción por lograr que se fixera xustiza, recoñecendo a “constancia e amor” do seu home. 

Agora, Yaniris agarda poder utilizar os coñecementos profesionais para mellorar o atletismo galego. Mentres Xosé Regueiro, mostra a súa euforia e alegría, porque a súa loita non foi en balde. Con todo, os dous agardan que non se repita unha inxustiza con outras parellas. Agora o matrimonio soña con ter o seu primeiro fillo.

Temas: VIGO IGUALDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Unj

Revisa o texto e pono ben.