Temas: AMES

Como negociar con éxito

O programa Vives Emprende acollerá un obradoiro sobre técnicas para mellorar as negocicións empresariais.

Por GC Emprende | Ames | 12/12/2017 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Queres ter vantaxes nas negociacións empresariais?. O vindeiro xoves, 14 de decembro, dentro do programa Vives Emprende do Concello de Ames, terá lugar un obradoiro para negociar con éxito. Estará centrado nas claves e técnicas máis eficaces para levar a cabo unha negociación.

Emprendemento.
Emprendemento.

Para participar nestes obradoiro non é preciso inscribirse previamente, porén as persoas que queiran facelo poderán efectuar a súa inscrición chamando ao Concello de Ames, ao número de teléfono do departamento de Promoción Económica, ao 981 883 002, ou ao teléfono da propia asociación, ao 689 869 465.Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo mlloves@accioncontraelhambre.org. Do mesmo xeito, tamén é posible inscribirse cubrindo o seguinte formulario online https://goo.gl/Efb14L.  O obradoiro desenvolverase no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado en Aldea Nova, en horario de 16:00h a 20:00 horas.

O Vives Emprende está organizado polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e en colaboración coa ONG Acción contra a Fame. Financiado polo Fondo Social Europeo, o programa traballa fundamentalmente dous eixos. Por unha banda, están os contidos de carácter técnico vinculados ao desenvolvemento da idea, ao plan de negocio e á análise económica e financeira, entre outros aspectos. Pola outra, están os contidos competencionais, que inclúen o desenvolvemento de habilidades emprendedoras que axudan ás persoas a afrontar o proceso de forma eficaz. O obxectivo do Vives Emprende é o de fomentar o espírito emprendedor, coa finalidade de facilitar o acceso ao mundo laboral, a través do emprego por conta allea ou do autoemprego, das persoas participantes. 

Elevator Pitch

O vindeiro 19 de decembro terá lugar o obradoiro Elevator Pitch: como vender a miña idea nun minuto, que porá o foco nesta técnica. Deste xeito, as persoas asistentes traballarán estratexias de comunicación útiles (imaxe persoal proxectada, empatía e escoita activa) para a presentación e venda dun proxecto ou dunha idea de negocio, acadando o interese dos posibles investidores, das persoas sociais ou do público en xeral. Este obradoiro desenvolverase tamén en horario de 16:00h a 20:00h, no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, en Aldea Nova. 

Temas: AMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta