Caballero cuestiona as análises da Xunta e reitera que a auga de Vigo sempre foi potable "ao cento por cento"

Ao seu entender as medicións están "mal feitas" e dá validez ás realizadas pola concesionaria do servizo de abastecemento de auga na cidade, Aqualia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2017 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cuestionou este martes as análises realizadas por técnicos de Saúde Pública da Xunta de Galicia que, á seu entender, están "mal feitas", e deu validez ás realizadas pola concesionaria do servizo de abastecemento de auga na cidade, Aqualia, segundo os cales, dita auga "é e foi sempre potable ao cento por cento".

O alcalde de Vigo,  Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero. | Fonte: Europa Press

O rexedor sinalou que os últimos estudos realizados nos laboratorios da empresa "poñen de relevo que a auga de Vigo é potable cento por cento, e que se cumpren todos os parámetros".

Ademais, puntualizou que os resultados sempre foron nese sentido, mesmo nas mostras analizadas en Coruxo, ou noutras zonas, nas que as análiticas da Xunta reflectiron porcentaxes de ferro por encima do recomendado.

Caballero incidiu en que "é a segunda vez" que os datos da Xunta e os da concesionaria son diferentes, e concluíu que "as análises que fai outra institución non son adecuadas".

"A auga de Vigo é potable e non deixou de selo en ningún momento, e os que sementan dúbidas, terán que dicir por que", subliñou, á vez que proclamou que, desde que é alcalde da cidade, "a auga sempre foi potable".

"O que fai mal a análise debe responder por que", advertiu Caballero, quen apuntou que as diferenzas nos resultados dos estudos e todo o que está a pasar ao redor da calidade da auga na cidade "non é casualidade".

Por outra banda, o rexedor insistiu en que, aínda que a seca se acaba, o transvasamento de emerxencia no río Verdugo deben facerse porque "o problema non está resolto", e o encoro de Eiras segue sendo insuficiente para abastecer a máis de media ducia de municipios.

Así mesmo, reiterou que as actuacións nesa materia son competencia da Xunta e criticou a "actitude hostil" da administración autonómica cara á cidade. "O transvasamento vaino pagar Vigo, porque se non, a Xunta non o fai", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta