Temas: AP-9 FEIJóO

Feijóo bótalle a culpa a PP e PSOE no Goberno central da suba das peaxes na AP-9

O presidente galego, que é do Partido Popular, di que Zapatero tivo máis responsabilidade que o Goberno de Rajoy.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/12/2017 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu que case a metade da subida da peaxe da AP-9 débese a decisións que se adoptaron por gobernos do PP e do PSOE no Goberno central, mentres que o resto é o cálculo que se fai da subida do IPC.

Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta | Fonte: Europa Press

De todos os xeitos, para o mandatario autonómico a decisión "importante" foi a que tomou o executivo de José Luis Rodríguez Zapatero, mentres que rebaixou a "adicional" a decisión dos populares, que repercuten nun 1 e un 0,9%, respectivamente, na subida da peaxe para o ano que vén. Esta suba xa foi cualificada como un "atraco a man armada" por parte de En Marea e BNG.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa asistencia á entrega do premio anual da Asociación Galega de Empresa Familiar, e despois de que fontes da empresa confirmara  a Europa Press que a peaxe se incrementará nun 3,81 por cento, Feijóo insistiu en responsabilizar principalmente á decisión dos socialistas, polo convenio de 2011 para recuperar o investimento das obras de ampliación da autoestrada (en Santiago e en Rande-Vigo).

"Non sei o que di Audasa", manifestou, ao ser preguntado polas explicacións dadas pola empresa segundo as cales, da subida, o 1 por cento corresponde a ese convenio de 2011. A iso, súmase un 0,9% "adicional" para "compensar" a bonificación establecida en 2013 aos viaxeiros entre Vigo e Pontevedra (usuarios de telepeaxe que fan o percorrido de ida e volta no mesmo día), e que se aplicará durante tres anos. O 1,91% restante é atribuído ao cálculo definitivo do IPC.

DECISIÓNS DE HAI SEIS E CINCO ANOS

"É unha decisión tomada fai seis anos e publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE)", indicou en alusión á etapa de Goberno do PSOE . Así, insistiu en que foi ese executivo o que decidiu "que as obras de ampliación da autoestrada pagaranse coa peaxe".

"En segundo lugar había que incrementar o IPC real", sinalou en liña co manifestado pola empresa. "E adicionalmente a esa decisión de fai seis anos, hai outra decisión posterior que é xa do goberno do PP onde se concreta que a viaxe gratuíta de ida e de volta entre Pontevedra e Vigo se implementará tamén na peaxe a pagar", agregou.

Destas decisións, para Feijóo "a importante" é a do Goberno de Zapatero, mentres que da adoptada polos populares fai cinco anos sinalou que é "adicional".

Temas: AP-9 FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anti...

A culpa é dos reis por cos e cato licos e agpra de Madrid que é un ermo e viven coma se fora un verxel. Feijo non ten ningunha culpa que é dos Peares e está exento dela.

1 EXPAÑA E ROUBO

A culpa e da monoarquia de expaña, expaña e moito roubo e descarado, estanlle a roubar os jaleguitos, están a roubar moito en demasia seica, pero por aquí temos o mellor cinico da historia sacando un balón e outro balón fora, da culpa e dos alcaldes e dos portugueses a decir que agora a culpa e de zocalleiro, ou do bipartido... haber si a culpa da foto do marco vai ser do fotógrafo...