Cando a informática é unha cousa de tod@s

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, xunto coas universidades de Vigo e da Coruña, realizará varias actividades informáticas para os máis novos no marco do Día do Código.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/12/2017 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A socialización da programación chega a Galicia. Será grazas a distintas actividades programadas dentro da coñecida como Hora do Código e nas que colaborará o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, e na Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. 

Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil
Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil

As  actividades previstas nos centros universitarios desenvolveranse coa participación de voluntarios do CPEIG. Persoas colexiadas impartirán tamén, a título individual,  charlas en centros educativos en Galicia ao longo da presente semana.

O proxecto “Hour of Code”, “Hora do Código”, que se celebra este sábado 16 de decembro, está impulsado pola entidade estadounidense Code.org, e ten coma obxectivo o de ensinarlles programación e as bases da Informática ás nenas e nenos partindo de titoriais básicos dunha hora de duración.

O obxectivo da iniciativa é estender os coñecementos de ciencias da computación aos máis pequenos e pequenas para que coñezan os conceptos e o mundo no que viven, unha realidade na que a tecnoloxía está cada día máis presente en todas as facianas, desde o ocio á educación.

ACTIVIDADES  

Por iso, a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) de Ourense organizará unha xornada o sábado día 16 en horario de mañá con máis de 300 prazas dirixidas a rapaces de 6 a 18 anos de idade. Entre os obradoiros previstos están os de “Iniciación á programación”, “Iniciación á programación con Scratch”, “Iniciación á programación de dispositivos con Arduino”, “Rapazas nas TICs, iniciación á programación de dispositivos”, “Coñece a impresión en 3D”, “Coñece os Drons”, “Outra Vida do Hardware” e “Crea o teu mundo- Realidade Virtual”.

Pola súa banda, a Facultade de Informática da Universidade da Coruña tamén prevé obradoiros de programación para o vindeiro sábado a partir do mediodía, dirixidos a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos de idade. 

Os requisitos para participar son a inscrición previa e que vaian acompañados por un adulto responsable, ademais de levar unha tableta ou ordenador. No caso de non dispoñer deses dispositivos, a FIC emprestaralle un a quen o precise. Máis información e inscrición: www.horadocodigo.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Esteban

La verdad que iniciarse en la informática de manera temprana es lo ideal para los jóvenes de hoy en día, de este modo podrán estar mejor preparados para desarrollar aplicaciones o programar o simplemente crear juegos como Clash Royale o documentos, como por ejemplo click aquí, buen artículo.