Acoso e relacións de poder entre un profesor e unha alumna, no teatro en Vigo

Natalia Sánchez e Fernando Guillén Cuervo presentan Oleanna no Teatro Afundación.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/12/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A obra Oleanna, de David Mamet, protagonizada por Natalia Sánchez e Fernando Guillén Cuervo e dirixida por Luis Luque, chega a Vigo, da man do Teatro Afundación. Unha obra na que o acoso sexual e as loitas de poder no mundo docente son os protagonistas.

Natalia Sánchez e Fernando Guillén Cuervo, en Oleanna
Natalia Sánchez e Fernando Guillén Cuervo, en Oleanna | Fonte: Afundacion

Carol é unha estudante universitaria que chega ao despacho do seu profesor para pedirlle que lle suba a nota dunha materia. A partir desta sinxela premisa arranca unha historia sobre a loita de poder entre dúas persoas. Unha encarnizada loita onde se mestura o acoso sexual e se cuestiona o sistema académico vixente, querendo revelar unha verdade oculta.

Mamet amosa que estes dous personaxes están equivocados e que ao mesmo tempo levan razón. A lectura de Oleanna provoca desacougo e incerteza nunha sociedade onde se precisa identificar claramente quen é o malo e quen é o bo. Pero, realmente, todo o mundo é esa estudante e, á vez, ese profesor. 

Poderase ver este mércores 13 de decembro no Teatro Afundación desta cidade a partir das 20.30 h. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

Temas: VIGO ACOSO TEATRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta