Lidia Senra: “Seguirei traballando para que a saúde non estea condicionada polos intereses das farmacéuticas”

A eurodeputada asegura que quere “investigación pública e control público” na sanidade, nas vacinas, nos medicamentos, nos tratamentos e na investigación e avisa que seguirá loitando contra “as política neoliberais” que está poñendo en marcha o Partido Popular para privatizar a saúde.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 13/12/2017 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

“A pregunta dirixida á Comisión Europea o pasado mes de agosto, non vai de vacinas si/ vacinas non. Vai de que se garanta a transparencia, a información, de que os poderes públicos garantan a seguridade fronte ao poder dos laboratorios, e da non obrigatoriedade no contexto europeo (cousa que non é diferente ao que xa existe no Estado Español)”.  Son declaracións de Lidia Senra.

A eurodeputada galega Lidia Senra preguntando na Cámara
A eurodeputada galega Lidia Senra preguntando na Cámara

A eurodeputada galega decidiu romper o silencio logo da polémica causada tras coñecerse que presentara unha iniciaciativa no Parlamento Europeo sobre as vacinas e a industria farmaceútica (texto da iniciativa). Así, e a través dun comunicado, Senra destaca que, desde a súa responsabilidade como deputada no Parlamento Europeo, seguirá traballando na defensa da sanidade pública “fronte as política neoliberais que está poñendo en marcha o Partido Popular para privatizalas”. De feito, acusa a este partido de estar detrás das informacións críticas contra ela. 

“Cando o PP lanzou fai uns días este ataque contra min, repito, por unha pregunta rexistrada no mes de agosto, seguramente pensou que lle podería servir para tapar o debate, o malestar social  sobre o deterioro da sanidade e a falta de medios, e  as mobilizacións que está habendo na Galiza na defensa da Sanidade Pública”, destaca

INVESTIGACIÓN 

“Queremos investigación pública e control público na Sanidade. Nas vacinas, nos medicamentos, nos tratamentos, na investigación...  A saúde é un dereito polo que temos que loitar con todas as nosas forzas. Estas foron as miñas razóns para preguntarlle á Comisión Europea pola información e o control público sobre as vacinas”, afirma Senra sobre a súa iniciativa.

Por iso, asegura  que seguirá preguntando e traballando para que as decisións políticas que afectan á saúde e á seguridade de todos os medicamentos “non estean condicionadas polos intereses das farmacéuticas”. “Seguirei traballando para demandar investigación pública, e que as Administracións públicas sexan o garante de que o único que vai primar á hora de tomar decisións sexa a saúde”, apunta.

LEVA PREGUNTANDO DESDE 2014 

“Isto é algo que levo facendo neste Parlamento desde o primeiro momento, cando en outubro do 2014 no marco da posta en marcha da actual Comisión Europea me dirixín ao Presidente Juncker para que a Axencia Europea do Medicamento permanecera na Dirección Xeral de Saúde e Consumo e non na Dirección Xeral de Industria,  como pretendían”, lembra.

Finalmente, aproveita para agradecer “profundamente as mostras de solidariedade” e di comprender tamén as críticas xurdidas. “Ámbalas dúas cousas (as críticas e a mostras de solidariedade) son un valioso estímulo para seguir preguntando á Comisión Europea; cousa que seguirei facendo. Penso que non se pode ter medo a facer preguntas”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 A verdade

Esta señora é un esperpento, comeza a soltar por esa boca chorradas e dalle igual que sexa de medicamentos, do eucalipto, das minas ou dos eólicos.... total cobra igual. pero bueno, peor son que lle fan caso... Ai mimá se chega a governar...

8 Daniel

Alén de ser unha ignorante no tema científico (como todos os anti-vacinas), Lidia Senra tamén demostra ser unha ignorante no que se refire ás institucións europeas. A Axencia Europea do Medicamento é unha axencia regulatoria, non depende de ningunha Dirección Xeral da Comisión Europea. É un organismo independente controlado por un Consello de Dirección. Nese Consello séntanse 2 representantes da Comisión Europea (tanto de industria como de sanidade), 2 do Parlamento Europeo e tamén 28 representantes dos Estados Membros (que son os que levan a voz cantante), máis representantes de organizacións médicas, de pacientes... Manda carallo que sexa eurodiputada e non saiba esas cousas básicas da estructura da UE...

7 Seixas

E Ada Colao vai a "Sávame deluxe" a contar a súa vida. Isto non ten sentido ningún. Creo que a meirande parte da esquerda é unha merda. Empezando por Colao e rematando por Pontón que foi aos premios que deu LA VOZ DE GALICIA. Ídevos todos a mexar de campo. Sodes unha panda de merdentos.

1 Estralampa

O teu discurso auto-define-te. Eu estou com Lídia em reclamar maior controlo público da seguridade farmacéutica, no dereito de autonomia do paciente e na promoção das campanhas de vacinação públicas, universais e livres, que se demostram mais eficaces que as impostas.

6 Seixas

Lidia, Lidia. Non tes nen sequera conhecementos básicos nos que se rixe a ciencia. Tes unha lagoa impresionante. Como a meirande parte da povoación. Pero pensaba que ti tinhas eses conhecementos básicos. Polo visto, non. É unha magoa. Unha cousa que non se di xeralmente dos nacioanalistas de esquerdas de hai anos era que eran uns burros en moitos aspectos. Un deles era precisamente ese, no que ti metiches a pata até o máis fondo. Son de esquerdas e son nacionalista. Pero non son un parvo. Que quede claro.

1 Seixas

que si as farmacéuticas, que si a populación debe saber, que si se xogan moitos cartos...vai mexar de campo. Xente coma ti é a que fai que moita xente fuxa da esquerda e máis do nacionalismo. Con so ter un pouco de cerebro sabes que o teu discurso é paranoico. Que ten que haber un control, que si o PP foi contra ti. Non, Lidia, non. Eu son de esquerdas e nacionalista e síntome mal que unha "mediocre" nos represente. Un conselho. Le libros de científicos. Aprenderás moito.

5 Carrete

Todo está polémica de Lidia Senra ven por un tema moi sincero, as pelas, os cartos. Lidia tiña unha carta financiera, e tiña que pasar parte do seu salario as arcas de EU, claro o desmarcarse desta organización xa pode cobrar 6200 euros o mes para o seu pero. Isto e o que representa Lidia Senra, a mesma que expulsou xente do SLG por estar casados con abogados da CIG

1 LKI

Podedes falar no BeNeGá de despedimentos, coma os ERE´s que aplicáchedes por razóns ideolóxicas na FOrGa e na CiGa aproveitando a reforma laboral do voso anterior Amo ZetaPé: https://www.lavozdegalicia.es/notic... http://www.galiciahoxe.com/vivir-ho... https://www.lavozdegalicia.es/notic...

2 LKK

Non so liortas con IU que tamén tivo de antivacinas unha vez a Llamazares. Son liortas entre eles mareantes