O Reino de Galicia, unha realidade xurídica independente de España, segundo o Tribunal Supremo

Unha sentenza xudicial suliña que España como concepto xurídico non naceu cos Reis Católicos. De feito, a sinatura do Duque de Anjou, primeiro Borbón, nunca incluíu a palabra “España”, que tampouco figurou nunca nas rúbricas dos reis da casa de Austria nin tampouco nas dos Reis Católicos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/12/2017 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

España non naceu cos Reis Católicos. De feito, o que se coñece como Reino de España é unha invención moderna xa que ata o século XIX, o que hoxe é o Estado español estaba dividido, aínda, en numerosos reinos e condados con personalidade xurídica propia. Deste xeito, o Reino de Galicia existiu xurídica e políticamente ata o século XIX.  

Mapa do antigo Reino de Galicia
Mapa do antigo Reino de Galicia

Así o acaba de ditaminar o Tribunal Supremo nunha sentenza ao suliñar que Felipe II actuaba como rei de Castela e da Coroa de Aragón por separado, algo que seguiu ocorrendo despois, coa chegada dos Borbóns. A sinatura do Duque de Anjou, primeiro Borbón, nunca incluíu a palabra “España”, que tampouco figurou nunca nas rúbricas dos reis da casa de Austria nin tampouco nas dos Reis Católicos. De feito, o primeiro Borbón titulábase monarca de 24 reinos, entre eles, o de Galicia. 

Por iso, ata ben entrado o XIX, coa fin da monarquía absolutista, os reinos peninsulares seguían mantendo o seu estatus xurídico-político, ante “España”, unha realidade política e territorial nova. Así, ademais de Galicia, estaban coroas con maiores ou menores doses de autonomía, como León, Navarra, Granada, Toledo, Valencia, Mallorca, Menorca, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, Canarias, Alxeciras e, tamén, os territorios de Córsega, Sardeña e as Dúas Sicilias, formado pola illa e por Nápoles.

ARAGÓN, E NON CASTELA OU ESPAÑA

O tribunal Supremo fixo ese pronunciamento ao resolver o preito que desde hai uns anos manteñen os descendentes do marqués de Oroya, un título nobiliario establecido polo propio Felipe II en Sicilia, unha illa do Mediterráneo que se integrou na Coroa de Aragón pouco despois de que Pedro III fose coroado en Palermo en 1282 e tras separarse de Nápoles.

Bandeiras galegas
Bandeiras galegas

Segundo a sentenza, o marquesado de Oroya é “un título pertencente ao Reino de Sicilia, que naquela época pertencía á Coroa de Aragón” e polo tanto non a España. De feito, o TS aplica en pleno século XXI un precepto da Compilación dos Foros de Huesca, promulgados por Jaime I O Conquistador en 1247, para decidir quen ten dereito a titularse marqués de Oroya. “Aos títulos nobiliarios concedidos pola Coroa de Aragón non lles é de aplicación a lexislación castelá”, resolve a sentenza publicada por Público, aínda que neste caso o marquesado desaparecese a finais do século XVI, cos Austrias, e fóra recuperado en 1984, coa Constitución xa aprobada.

Non é a primeira vez que o Tribunal Supremo alude a suposta “multipluralidade” da Peninsula Ibérica. Noutro preito similar ao do marquesado de Oroya dirimido en 2015, o referente á baronía turolense de Pobedilla, o tribunal deixou claro que o reino de Castela e a Coroa de Aragón seguían sendo entidades autónomas mesmo tras a chegada dos Borbóns coa vitoria de Felipe V na Guerra de Sucesión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

4 Anti...

E cumpría unha ou moitas sentenzas pra descobrir que Galiza non ten nada que ver co resto da península ibérica agás o norte de Portugal? Carallo cos xuizes agora tamén son historiadores, dispois de Jovellanos e Menendez Pidal, ata un neno de tres anos sabe máis historia ca iles.

1 carmona

tampouco o norte de portugal tanto ten que ver connosco, a lo menos asi no lo fan saber ós que vivimos na fronteira que cada vez que imos alá e decimos "bos días" sempre sempre sempre sempre, pero sempore eh! responden "buenosh diash"

2 Alberte

Prova a dizer "Bo día" / "Bom dia"

3 Xanti

Sabes que pasa Carmona? Que como es un afiliado do PP que acode a iste tipo de páxinas a comentar para cumprir co partido, e non falas galego, xa polo xeito de falar te respostan directamente en castelán...

4 Sesese

Non temos nada que ver co resto da península? Pero si levamos dende o principio dos tempos uhns cos outros. Os castelans non estan na china eh? Estan ahi, a caron de toda a vida

5 Asverdades

O Miño é a fronteira máis antiga do mundo, ten que notarse. Mil aniños.

6 Canto_paga_Feijoo_x_comentar?

Sesese, Carmona, ou coma carallo te chames. De que agrupación do PP es. Quero saber canto che pagan por comentar na Voz, no Faro, no facebook. Igual é un bo traballo. Pasame información oh!!

7 Sesese

Agrupacion do pp? Algun ve visions. Por dicir unha perogrullada como que os castelan-leoneses levan ahi toda a vida, xa me paga o Pp? A miña única filiacion e sindical. Falte carral si lo flipo neno.

8 Canto_paga_Feijoo_x_comentar?

Sindicalista di, espera que me escarallo xDDDD Se ti es sindicalista eu son Fraga. Pero non pasa nada oh, identificarvos é moi sinxelo, sodes os mesmos en todas as webs. Aqui publicas en galego, na Voz en castelán, perdón, en castrapo, no facebook dalgunhas páxinas tamén... e así igual. E por certo, non cambies tanto de alcume, que xa sabemos todos que es o mesmo (carmona, sesese, nostrus). Pero eu quero saber canto vos pagan, porque igual a mín venme ben, e vamos, entón o de facer de troll fachilla non estaría tan mal. Canto che paga Frijol? Veña home, queremos saber.

3 urco

Mesmo hai dicionários online, assi nom tenhem que gastar un patacom, pra os que "confundem" os conceitos de Naçom e Estado. De nada.

2 Asegún

Está claro. Galicia é un Reyno,a capital é Mondoñedo onde ten a corte o Rei das Tartas.

1 Xanti

Abre un libro de historia, deixa de ver Sálvame, e logo fala de cousas serias se tal...

1 Don Pimpón

Entón... Somos outra nazón ou non?, dígoo por se desgravo máis este ano para a declaracion de Facenda na España ou se vou declarar, se é que imos pagar impostos, na GaliZara ;-)

1 Canto_paga_Feijoo_x_comentar?

Ti tranquilo, que por comentar en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, no Facebook de certas páxinas, e no Galicia Confidencial non has ter problema. Páganvos ben por rirvos da lingua, cultura, e historia de Galicia, ise é o voso traballo...