Temas: PESCA

O cerco galego denuncia que "sae moi mal parado" cos recortes de cotas de xurelo e xarda

Os armadores de Vigo valoran que se lograse "minimizar" a baixada prevista para a pescada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2017 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

Andrés García, portavoz da principal asociación de cerco galega, Acerga, denuncia que esta frota "sae moi mal parada" e "claramente prexudicada" dos recortes de cotas acordadas en Bruxelas, cunha baixada do 24% de xurelo ao Sur de Fisterra (IXa) e do 20% na xarda. A isto únese que "aínda non se sabe" se o ano que vén os cerqueiros galegos poderán pescar sardiña, xa que se deberá esperar a xaneiro para coñecer se Bruxelas acepta o plan de xestión conxunta entre España e Portugal, que ademais supón unha rebaixa do 14% en capturas.

Barco de cerco
Barco de cerco | Fonte: bng.gal

En declaracións a Europa Press, García sostén que o xurelo e a sardiña "se atopan en perfecto estado" en Galicia e "en absoluto" existe un problema coas súas poboacións. "Non o entendemos", quéixase.

"En Bruxelas de que pensan que vive o cerco?", lamenta Andrés García. "Non sabemos que imos pescar", resume após o acordo alcanzado polos ministros de Pesca da UE despois de 22 horas de negociación.

NON VE "PRUDENTE" UN TRANSVASAMENTO ENTRE A VIIIC E A IXA

Con todo, valora o incremento do 21% nas posibilidades de pesca de xurelo no Cantábrico (a VIIIc), pero lembra que se produce despois de "anos" de baixadas que supuxeron un 40% menos.

Preguntado sobre a opción do transvasamento de posibilidades de pesca de xurelo da VIIIc á IXa, García non o ve "prudente", pois até agora se trasladaba a cota da IXa á VIIIc "porque é a que menos ten", por iso aínda que agora esta última teña unha alza leva anos de baixada.

Ademais, o portavoz de Acerga considera difícil conseguir intercambios co arrastre para unha reasignación porque tamén padece un descenso nas súas cotas.

Respecto á alza na anchoa na IXa, afirma que, aínda que haxa unha suba, para Galicia irá parar moi pouco pois só ten o 1,14%.

NEGOCIACIÓN "MOI DURA"

Pola súa banda, o presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza, valora que ante "circunstancias tan adversas" se lograse "minimizar impactos", ao reducir baixadas para o "caso máis significativo" na pescada do sur de augas ibéricas, do descenso previsto do 30% ao 12%, así como na pescada do Gran Sol --cunha diminución que queda no 7% cando se esperaba do 19%--. Unhas cifras que "se adecúan moitísimo máis aos informes científicos".

E é que Touza subliña que a negociación deste ano foi "moi dura" e "especialmente complicada" polo posicionamento do comisario europeo de Pesca, Karmenu Vella, ao querer "impor o rendemento máximo sustentable en 2018, cando hai marxe até 2020".

Aquí, destaca a "moi intelixente" argumentación da ministra de Pesca, Isabel García Tejerina, acompañada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, que conseguiu alianzas de Francia, Portugal e Alemaña, pois apelou á "sensibilidade" para "estirar o posible" os prazos até 2020 para o rendemento máximo sustentable.

Nesta liña, remarca que as poboacións de especies "onde está a faenar frota española están en moita mellor situación que con outras frotas". A modo de exemplo, pon que en 2009 había cinco 'stocks' en rendemento máximo sustentable en España e nestes momentos xa son 44, o que supón "claramente un bo traballo".

Tamén apunta que "se abre unha xanela de oportunidade" para especies como cigala e sardiña, para o que cre que hai que ser "prudentes e vendo a avaliación dos 'stocks".

Con todo, recoñece que a situación é "máis complicada" para o xurelo, e aínda que o galo se reduce un 10% en Gran sol, aumenta un 20% o ibérico, mentres tamén crece un 15% para a raia.

Por todo iso, Touza asegura que se "conseguiu que tamén se tivese en conta os estudos de impacto socioeconómico destes anos" sobre unha zona "tan dependente da pesca como é Galicia".

A XUNTA DEFENDE QUE É MÁIS QUE A PROPOSTA INICIAL

Pola súa banda, pese ao descenso en especies como a pescada e o xurelo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, defende que a frota galega terá un 4% máis de posibilidades de pesca para 2018 respecto da proposta inicial que realizaba a Comisión Europea para os Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas.

Así, a Xunta resalta que o sector pesqueiro galego poderá pescar 20.000 toneladas máis de peixe e marisco o ano que vén, polo que o considera "netamente satisfactorio" en liñas xerais ante a situación de partida da Comisión Europea.

Temas: PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 luis ferrolan do pisco

Laíade, laíade, mentres espiòllades as pulgas cos dentes....A cán fraco todo e carrachas... Copiade dos portugueses xumèntos...eles defenden os seus direitos .

1 urco

Nom hai que protestar? Melhor um rabanho de ovelhas? Além, a maioria do povo galego nom apoia ao PP. Estes ganham as eleiçons sem chegar ao 50% dos votos graças a umha lei eleitoral trampulheira. Sem meios de comunicaçom críticos com a direita espanholista, com sistemas de fidelizaçom de voto corruptos e sem respeitar a premissa de um cidadám um voto (se votas nas províncias mais envelhecidas o teu voto vale mais do que se o fas nas ocidentais), o da democracia na Galiza é um mal chiste.

2 La llorona

A ver, e se non estades de acordo, podedes reclamar aos eurodeputados e eurodeputadas que votastes, non... En lugar de estar todo o tempo laiándovos. E que os galegos pasamos a vida laiándonos e votando o de sempre pola dereita e os do recambio, perdón, cambio pola esquerda. Preguntádelle a Lidia que pensa da cuestión.

1 ai claro

Ai claaaaaro.... que os do recambio do recambio da esquerda fixeron moito estes anos. Pois sabes qué? Que se a xente vota pola dereita será porque non todos se laian e á maioría vaille ben a pesar de que algún quixeran ou se emperren en que vai mal. Unha peroa un voto, ata que gañen os do recambio do recambio, que decidirán que os dos culturetas valen 5 e os do aldeanos 0,5 - democráticos coma sempre.

1 anonimo

A culpa é de Puchemón e de Putin. Non?