Portos retira máis de 166 toneladas de residuos dos fondos mariños no marco do plan de limpeza de dársenas

En Galicia en 2017 recolléronse 38.260 quilos de residuos voluminosos, que se suman aos 85.000 rexistrados en 2016

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2017 | Actualizada ás 15:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Portos de Galicia retirou máis de 166 toneladas de residuos voluminosos dos fondos mariños dentro do Plan de Limpeza de Dársenas que desenvolve desde o ano 2013.

O presidente do ente público, José Juan Durán, informou este xoves nunha rolda de prensa celebrada na sede do organismo en Pontevedra que até o momento executáronse catro fases deste plan, posto en marcha por primeira vez en 2013 e 2014 e retomado en 2016 e 2017.

Neste catro edicións desenvolvéronse limpezas subacuáticas en máis dunha trintena de dársenas do tres provincias costeiras, indicou.

Ademais, José Juan Durán destacou que ao peche da campaña de 2017 na provincia de Pontevedra recolléronse 18.060 quilos procedentes da limpeza dos portos de Cesantes (1.100 quilos); Baiona (3.360 quilos); Bueu (3.820 quilos); Meloxo (5.040 quilos) en Vilanova de Arousa (4.740 quilos).

En total en Galicia, neste 2017 recolléronse 38.260 quilos de residuos voluminosos, que se suman aos 85.000 rexistrados en 2016; 12.200 en 2014; e 30.800 en 2013.

MONDO NO FONDO DO MAR

Entre o máis rechamante o presidente de Portos resaltou a recuperación dunha moto do fondo do mar, ademais de valos de sinalización ou cadeiras, aínda que o máis habitual foron os aparellos de pesca e cabos, entre outros residuos extraídos de medianas e grandes dimensións.

O equipo de traballo habitual está formado por cinco mergulladores e como medios mecánicos contouse cun barco con guindastre. Ademais da empresa encargada da limpeza na lámina de auga, desde terra colabora con ela a concesionaria do servizo de limpeza de Portos de Galicia. Esta é a encargada da recollida do lixo e depósito nos colectores de recollida selectiva xa preparados.

O obxectivo último desta acción de Portos de Galicia é mellorar á seguridade nas augas interiores e impulsar a protección da fauna mariña. Deste xeito, refórzase a sustentabilidade ambiental dos peiraos de titularidade autonómica, unha das liñas de traballo estratéxicas do ente público.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta