Morre a condutora dun turismo após chocar cun camión en Oza-Cesuras (A Coruña)

A condutora dun turismo faleceu este venres após chocar o vehículo que manexaba contra un camión no lugar de Trasanquelos, no concello coruñés de Oza-Cesuras.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2017 | Actualizada ás 13:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A condutora dun turismo faleceu este venres após chocar o vehículo que manexaba contra un camión no lugar de Trasanquelos, no concello coruñés de Oza-Cesuras.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse ás 12,30 horas deste venres na estrada AC-840, que une as localidades de Curtis e Betanzos, nunha zona de subida para vehículos lentos.

Foi un particular quen deu a voz de alerta a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. Segundo relatou, a vítima quedou atrapada no interior do turismo após chocar contra o camión. Por iso, informouse a Urxencias Sanitarias, que enviou á zona o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero non puideron facer nada por salvar a vida da condutora.

Pola súa banda, o condutor do camión resultou ileso, aínda que igualmente foi atendido no punto polos servizos sanitarios de urxencia, precisou o 112 Galicia.

Tamén pasaron aviso aos Bombeiros de Betanzos e aos membros do GES de Curtis, así como aos axentes da Guardia Civil de Tráfico. Os efectivos de extinción e salvamento esperaron as indicacións das forzas da orde para proceder a liberar á vítima.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta