Case 700 explotacións pediron axudas para garantirse auga e a Xunta prevé resolvelas a final deste mes

Medio Rural reivindica un "bo ritmo de xestión" e "anticipación" para que os traballos de prevención de incendios estean "antes de verán"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2017 | Actualizada ás 14:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 678 explotacións agrarias pediron as axudas para garantirse a subministración de auga ante a problemática da seca que afronta a comunidade, unhas subvencións que a Xunta prevé resolver a final deste mes de decembro.

O dato achegouno a directora xeral de Gandaría, Belén do Campo, na comisión de agricultura do Parlamento, a preguntas da deputada de En Marea Paula Quinteiro, quen cualificou este número de "totalmente insuficiente".

A distribución por provincias, de acordo coa información que deu a alto cargo, é a seguinte: 409 peticións en Lugo, 100 en Ourense, 87 na Coruña e 82 en Pontevedra.

Do Campo apuntou que as solicitudes, na súa maior parte referidas á instalación de bebedoiros, depósitos, cisternas e pozos, están a ser avaliadas "neste momento", e que a administración requiriu información a case 100 dos peticionarios.

O investimento medio solicitado rolda os 6.500 euros, segundo sinalou, e 126 das demandas superan a cifra de 10.000 euros (cunha media en concreto de 11.380).

Pola súa banda, a parlamentaria de En Marea instou á Consellería de Medio Rural a "adecuar" esta orde, que ten un orzamento de 1 millón de euros e sufragará un máximo de 5.000 euros por explotación, a "a realidade galega". Ao seu xuízo, o número de eventuais beneficiarios é "moi baixo" e até "ridículo".

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Na mesma comisión, o socialista José Antonio Quiroga preguntou polos prazos para acometer os traballos de prevención de incendios. Respecto diso, o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, reivindicou un "bo ritmo de xestión" e "anticipación" para que estean listos "antes de verán".

Fernández-Couto terminou a súa intervención recoñecendo que este foiun ano "complicado, difícil", para o monte galego, e esperou que o que vén sexa "menos excepcional e máis levadío", á vez que comprometeu "traballo" pola súa banda.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta