Sanidade pide "desculpas" porque "pode haber" demoras nas Urxencias

O conselleiro Almuiña asegura que están preparados para a incidencia da gripe, sexa máis ou menos "agresiva" que a previsión estimada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2017 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pediu "desculpas" porque "pode haber, nalgún momento, unha demora na atención" nos servizos de Urxencias, pero asegurou que a situación se está "practicamente normalizando". No entanto, sinalou que hai "unha incidencia de urxencias un pouco máis alta do habitual".

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña | Fonte: Europa Press

Neste sentido, insistiu en que a Xunta ten un plan de continxencias, xa que o pico da gripe está por chegar, e lembrou que existe a "posibilidade de ampliar o número de camas sobre as utilizadas o resto do ano".

"Neste momento temos activado un plan de continxencias que afecta a todos os recursos, non só a nivel dos servizos de Urxencias senón tamén de medicamento interno, pneumoloxía e os propios centros de saúde para que haxa sempre reforzos e se poida atender", declarou o conselleiro, este venres.

Con respecto aos problemas en urxencias xurdidos estes días, Almuiña asegurou que o Sergas "sempre" ten "planificado" como actuar ante estas incidencias, porque estudan a previsión do incremento da demanda "con tempo". Así, o titular de Sanidade adiantou que "non" tomará medidas máis aló do plan de continxencias, que "non é unha medida" senón "moitas.

"É certo que aumenta o número de cidadáns que requiren os servizos sanitarios nesta época do ano e dáse unha resposta proporcionada ao que corresponde", afirmou Almuiña, á vez que incidiu en que "non quedará ningún paciente sen atender", e tampouco quedará "sen ingreso, se o necesita".

Ademais, o conselleiro achacou esta situación á coincidencia de varios festivos a semana pasada, posto que, "loxicamente, aumentan a incidencia de atención, tanto na continuada como nos servizos de urxencias ao estar pechados os centros de saúde".

O PICO DA GRIPE

Doutra banda, Almuiña asegurou que están "preparados porque aínda falta por chegar o pico da gripe". Segundo os datos do conselleiro, Sanidade "ten previsións doutros países" con respecto á enfermidade, posto que nalgúns "foi un pouco máis agresiva" e noutros "foi máis leve".

O conselleiro de Sanidade remarcou que os hospitais galegos se adaptarán "á incidencia da gripe que haxa en Galicia posto que, aínda que contan coas previsións de afectación noutras zonas, a repercusión deste virus nun país non ten que ser a mesma que noutra rexión. "A nosa previsión é a de poder tratar en todo momento aos pacientes que o necesiten", sinalou Almuiña.

O conselleiro lembrou tamén que Sanidade continuará coa campaña de vacinación até o día 29 de decembro, "abertos a que todas as persoas de risco, cunha idade determinada e con patoloxías, poidan vacinarse".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Dania

Pedir disculpas? eso no basta cuando el tema es al salud. La verdad se les olvida que lo más importante aquí, que es la seguridad y la salud. Tengo hemoglobina alta solo de leer esto.

1 PP urxencias o expañol

COMO PEDIU DISCULPAS???? pero de que foron centos de persoas tiradas nas urxencias sin ser atendidas durante ducias e ducias de horas, incluso podo atestiguar de que quedou hoxe un calconcillo perdido no pasillo de urxencias, homes mexando diante de mulleres, xente morrendo na espera, oito horas para un-ha sinxela radiografia, xa non digamos si tac (tomografía axial computerizada, antimateria meus queridos)... O QUE TIÑA QUE ESTAR FACENDO E O SEPUKO COMO OS XAPONESES... TIÑA QUE ESTAR METENDOSE A KATANA ATA O FONDO DO ESTOMAGO E DANDOLLE VOLTAS!!!!- as urxencias parecían un autentico koljoz, un-ha autentica vivenda comunal (vivendas comunal-vivendas anais)