Converter Bonaval no 'Museo Nacional de Galicia'

O Concello de Santiago aproba o plan director do Museo do Pobo Galego que prevé investir 2 millóns de euros até 2021. Pretende que a Xunta abandone as dependencias no convento de San Domingos para poder ampliar as instalacións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/12/2017 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O Consorcio de Santiago ten previsto investir arredor de 2 millóns de euros até o ano 2021 no Museo do Pobo Galego co obxectivo de facer realidade a súa conversión no "Museo Nacional de Galicia". Así o indicou este venres o rexedor compostelán, Martiño Noriega, na habitual comparecencia para informar dos asuntos tratados na xunta de goberno local.

Igrexa de Bonaval, en Compostela
Igrexa de Bonaval, en Compostela | Fonte: turgalicia

O equipo de Noriega deu luz verde ao Plan director do Conxunto de San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego, que servirá de "senda" para os fondos que o Consorcio de Santiago prevé investir neste espazo. "Trátase da folla de ruta que vai marcar o redimensionamento do Museo do Pobo Galego, na aposta decidida das diferentes administracións por convertelo no Museo Nacional do país", explicou Martiño Noriega.

O Consorcio santiagués prevé investir un total de 2 millóns de euros até o próximo Ano Santo, en 2021, para facer realidade a intención de converter este espazo no "Museo Nacional de Galicia", segundo indicou Noriega. Entre os pasos a seguir figura que a Xunta deixe as dependencias que na actualidade ocupa no convento de San Domingos, que pasarán a formar parte das instalacións do museo.

O rexedor compostelán cualificou de "paso adiante" a aprobación deste plan director, á vez que avanzou que o Consorcio santiagués reservará unha partida de 400.000 euros para actuar neste espazo en 2018.

O Plan director do Conxunto de San Domingos de Bonaval fai unha análise histórica e arquitectónica de Bonaval e inclúe unha detallada planimetría do seu estado actual. Ademais, recolle os criterios xerais e prácticas para intervir na rehabilitación e reestruturación do conxunto, e achega algunhas hipóteses para a intervención no Museo do Pobo Galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Gilo

2 millons de euros...A vida é Jauja para o Martiño

1 anonimo

¿Y esto de llamar a un museo público, "nacional", tiene soporte legal? Las administraciones públicas sirven con objetividad los intereses generales, no los de una ideología concreta como el nacionalismo, al que se quiere que sirva ese museo denominándolo "nacional". Y una duda: ¿alguien sabe si los trabajadores de ese museo entraron tras oposición o se empleó el sistema del CCG, vamos, a dedo?

1 nostrus

En la sentencia del estatuto de Cataluña ya se advirtió de que el concepto "nacional" no tenía ningún valor jurídico, solamente simbólico. Es decir, es costitucional columpiarse, alucinar y hacerse pajas mentales con el término "nacional". Enhorabuena a los naciotas y nacistas que pueden disfrutar y soñar.

2 Nexus 6.2

Vosotros dos si que sabéis, Nación solo hay Una, Grande y Libre: España. Evidentemente, hay que decirlo, nacionalismo verdadero solo puede ser el español. Las regiones son tierra conquistada, domada y castrada. Sus lenguas, de segunda, para reuniones de bar y poesía local. Lo español es de categoría superior. Y sus defensores, vosotros en el armario y yo en público, somos fascistas. Ser del fascio es un orgullo, no debeis temer a que os reconozcan vuestros valores, pués son los naturales de todo bien nacido de la Madre Patria España. Mostremos orgullosos nuestra Raza y reconquistemos de nuevo nuestro Imperio. Ánimo camaradas.

3 Anónimo

O Museo do Pobo Galego é unha fundación, non é público