Temas: COCHE

Netun Solutions gaña o Premio AJE Vigo Jóven Empresario

A start-up viguesa impulsora de Help Flash, o dispositivo de sinalización de emerxencias que prevén accidentes de tráfico e atropelos, foi galardoada con este recoñecemento que outorga a Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo.

Por GC Emprende | Vigo | 17/12/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Netun Solutions suma un novo recoñecemento pola súa achega á seguridade viaria grazas ao  seu dispositivo Help Flash. Esta tarde a Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo (AJE) outorgoulle o seu XII Premio Novo Empresario, un galardón que recoñece o esforzo empresarial dos mozos da provincia de Pontevedra e a súa contribución ao desenvolvemento desta comunidade.

Help Flash, sistema lumínico de emerxencia en estradas deseñado por unha empresa galega
Help Flash, sistema lumínico de emerxencia en estradas deseñado por unha empresa galega

Este premio conta cunha dotación de 1.000?. Ademais, inclúe un programa formativo no Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), acceso á base de datos de Ardán durante un ano, diagnóstico e dirección financeira da empresa durante 6 meses da man de INFI Consultores e 6 meses de afiliación gratuíta en AJE Vigo.

Jorge Costas, CEO de Netun Solutions, foi o encargado de recoller o premio. “Estamos moi satisfeitos, para nós é moi importante este recoñecemento dos nosos compañeiros. Supón un impulso ao traballo que realizamos desde que empezamos este soño que aos poucos fomos convertendo en realidade co fin de achegar o noso granito de area para facer máis seguras as estradas da man da tecnoloxía”.

Netun Solutions é unha start-up viguesa fundada en 2016, co ánimo de xerar innovación na seguridade das estradas mediante tecnoloxías que conectan asfalto, persoas e máquinas. Así, ese mesmo ano impulsou Help Flash, un equipo de sinalización luminoso que advirte dunha emerxencia na estrada sen necesidade de saír do vehículo.

A idea xurdiu de Jorge Torre, CTO da compañía, tras ter acceso ao informe de atropelos na estrada elaborado polo RACE no ano 2013 e decatarse do perigo ao que se enfrontan os condutores ao ter que baixarse do vehículo para colocar os triángulos de emerxencia. Isto fíxolle pensar nunha solución e, tras dous anos de investigación, en abril de 2016 finalizaron o desenvolvemento deste dispositivo e, en outubro dese mesmo ano, lanzárono ao mercado. Neste tempo xa venderon máis de 40.000 unidades e contan con presenza en Francia, Alemaña, Reino Unido, Portugal e Estados Unidos.

Para o desenvolvemento do dispositivo, o equipo de Netun Solutions contou coa colaboración do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e de asociacións de vítimas de accidentes de tráfico. Así mesmo, foi un dos proxectos impulsados na 4ª edición de Vía Galicia, a aceleradora de empresas da Zona Franca de Vigo.  

HELP FLASH

Help Flash é un dispositivo de sinalización compatible coa normativa de seguridade viaria vixente, que fai visible un vehículo en menos de 30 segundos e ata 1 km de distancia en condicións de baixa luminosidade. Grazas a un reflector parabólico, que emite un triplo escintileo ámbar en todas as direccións, o vehículo avariado ou accidentado pode ser detectado polo resto de condutores sen necesidade de que a persoa que sofre a avaría teña que descender do seu vehículo. 

Netun Solutions ideou Help Flash co fin de evitar o risco de atropelos derivados da escasa visibilidade á que fan fronte os condutores cando se dispoñen a colocar os triángulos para sinalizar a súa situación de emerxencia. 

Temas: COCHE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta