Falece un home nun accidente de tráfico en Coirós (A Coruña)

Un home faleceu este sábado ao quedar atrapado no interior do seu vehículo despois de sufrir un accidente no quilómetro 570 da N-VIN, Coirós (A Coruña).

Santiago de Compostela | 16/12/2017 | Actualizada ás 19:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home faleceu este sábado ao quedar atrapado no interior do seu vehículo despois de sufrir un accidente no quilómetro 570 da N-VIN, Coirós (A Coruña).

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os bombeiros de Betanzos tiveron que excarcerar o corpo da vítima mortal, que quedou atrapado debaixo do coche. Ademais, no turismo viaxaba unha muller, que tivo que ser liberada pola dotación e o persoal do 061-Urxencias Sanitarias.

Debido á gravidade do accidente, os efectivos sanitarios mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, que non chegou a intervir ao confirmarse o falecemento do home.

Tras recibir o aviso do accidente por parte de varios particulares sobre as 13,25 horas, o 112 Galicia informou os profesionais sanitarios, aos efectivos de extinción e salvamento e á Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar do accidente, o servizo médico só puido certificar o falecemento do home.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta