Temas: TURISMO

Forteventura, destino dos galegos en Nadal

É unha das illas preferidas para pasar estas datas. Alí búscase sol, relaxación e desfrutar da natureza.

Por Galicia Confidencial | | 18/12/2017 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

O Nadal é considerada por moitos a mellor época do ano onde os adultos recuperan as nostalxia dos nenos e déixanse levar por un espírito que só aparece durante estas datas. De sempre, relacionamos o período do Nadal co frío pero tamén é posible pasar estes días nun clima cálido rodeado de area e praias con auga cristalina.

Unha das praias de Fuerteventura, nas illas Canarias
Unha das praias de Fuerteventura, nas illas Canarias

Porque volver á cidade despois de Nadal cun bronceado estival non está pago. Isto pódelo conseguir en Forteventura, unha das illas máis recoñecidas de Canarias e destino turístico dos galegos por excelencia nestas datas. Alí queren pasar uns días de descanso rodeado de calma, sol e unhas temperaturas excelentes (ten unha media de 20 graos en decembro). E é que esta é unha illa especial e por iso foi recoñecida polos organismos internacionais. En 2009, a totalidade da súa superficie foi declarada Reserva da  Biosfera pola UNESCO.

E, que se pode facer nesta parte de Canarias durante o Nadal? A resposta é moi sinxela: case o mesmo que no verán. Ademais, durante esta época tamén poderás ter máis accesibilidade aos numerosos hoteis de Forteventura. Cada vez os turistas elixen máis esta zona no inverno, pero os números aínda están lonxe aos de verán. E é que Forteventura finalizou 2016 cun récord histórico na chegada de turistas ao alcanzar os 3.244.601 visitantes, o que supón un incremento do 7,77 % con respecto ao ano anterior, cando a cifra roldou os 2,9 millóns.

E QUE SE PODE FACER?

Facer surf: Forteventura é a illa do surf por antonomasia. As súas excelentes praias e as condicións climáticas perfectas fan que devotos deste deporte de todas partes do mundo visiten a zona para coller a táboa e facer  virguerías. Así que se estás saturado das prácticas habituais, practicar esta modalidade pódeche facer desconectar. Pasaralo ben.

Relaxarse en praias paradisiacas: Forteventura conta con quilómetros e quilómetros de praias onde podes desconectar e relaxarche lonxe do bulicio da túa cidade de procedencia. As máis famosas son a praia de Costa Calma ou a do Matorral, que é unha das máis visitadas polos turistas que acoden á península de  Jandía.

Visitar o Parque Natural de Corralejo: este parque ten o campo de Dunas máis importantes de Illas Canarias. Ten unha superficie dunhas 700 hectáreas e atópase na punta norte de Forteventura.

Paisaxe volcánico: Forteventura é a illa máis antiga do arquipélago e ao longo da súa historia experimentou numerosas  erupciones  volcánicas. A uns seis quilómetros ao sur oeste de  Corralejo atopamos unha zona duns 5 quilómetros de lonxitude, con varios volcáns aliñados perfectamente. Esta zona de volcáns recentes chámase Montaña Colorada -  Bayuyo, e pódense distinguir ata 9 edificios  volcánicos por cuxa actividade, a illa aumentou en tamaño uns 120 quilómetros cadrados.

Comer queixo  majorero: a gastronomía de Forteventura tamén é moi famosa pola súa riqueza onde destaca o queixo  majorero que é recoñecido en todo o mundo e gañou multitude de premios a nivel internacional.

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Fartodalingua

Se llama Fuerteventura. Si no os gusta que en el resto de España publiquen La Coruña, Orense o Puentedeume, escribid en español el nombre de nuestra isla. De lo contrario, no lloreis como nenazas cuando llaman así a esas ciudades gallegas y españolas.

1 O_ventura

Pero se os choróns sodes vos, miñaxoias: "La primera aparición de la isla en un mapa se remonta al año 1.339 d.c. Fue hecho por Angelino Dulcet y el nombre de la misma estaba escrito como “Forte Ventura”. (Historia de Fuerteventura en Fuerteventuraguia.es) . E agora a pregunta: ¿Por que tiña ese nome, tan galego él? Logo vos queixades de lendas negras, conspiracións anti-españolas, discriminación lingüística e bla bla bla. E para que conste aos feixistas coruños coma ti, se alguén me cae d. p. m. son os canarios.