Como será o futuro da UE: “A Europa que sobrevivirá ao Brexit”

Alcaldes das principais cidades galegas e do norte de Portugal, políticos, e xornalistas, entre eles, o director de Galicia Confidencial, Xurxo Salgado, colaboran neste libro realizado polo Eixo Atlántico.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/12/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Eixo Atlántico distribúe este domingo a través de varios medios escritos e en formato dixital descargable o libro “A Europa que sobrevivirá ao brexit”, que recompila as achegas de 42 autores sobre o futuro da Unión Europea.

Portada do libro A Europa que sobrevirá ao Brexit, editada polo Eixo Atlántico
Portada do libro A Europa que sobrevirá ao Brexit, editada polo Eixo Atlántico

No ano en que o proxecto europeo celebra o seu 60 aniversario, o Eixo Atlántico quere pechar os actos conmemorativos dos seus 25 anos de historia coa edición conxunta dos artigos de opinión sobre o futuro da Unión Europea que foron publicadas ao longo deste 2017 na web da entidade de cooperación transfronteiriza.

O libro inclúe textos en galego, portugués e castelán correspondentes con autores e autoras dos dous lados do Miño. Cada artigo vai acompañado dunha caricatura realizada polo ilustrador luso Adão Silva. Entre eles figura Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial.

Esta publicación é distribuída de xeito gratuíto en papel cos periódicos El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e o Diario de Arousa este domingo 17 e co Correio do Minho o mércores, 20 de decembro.  Podes descargala aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Natasha Rostova delasRestrevas

O mundo estase a reformular e Europa e feble, moi feble neste novo mundo que xa non e unipolar. Non quixo ser a Europa dos cidadans. Non e capaz de mediar diante dos graves conflitos coma o catalan. Que podo esperar eu de Europa: recortes? Eu cria en Europa... Sentia que era unha europea do noroeste peninsular. Agora xa espertei. Xa sei que nunca verei oe Estados Confederados Europeos nos que o progresismo loitara polos valorez da liberdade, a igualdade e a fraternidade.

1 Choven_plátanos

Eu o que non entendo é que á Europa que se deixa espiar, a que bombardea cando lle din e onde lle din, a que vai por Libia e Siria a crear guerras civís e refuxiados que despois non acolle, a que deixa ós Bosnia sen defensa perante os exércitos Serbio e Serbo-Bosnio, a que se presta a que, sen que o saiban os seus cidadáns, usen os seus aeroportos para levar inocentes á tortura sistemática, a que está a arruinar o noso agro, a Europa que decía que Escocia non ía entrar se se independizaba do UK ( http://www.telegraph.co.uk/news/ukn... e agora recibe o seu máis que merecido brexit...non sigo que me canso. A esa Europa, ¿quere pertencer o independentismo catalán? Non é a independencia unha oportunidade especial para facer algo mellor?