As mareas consolídanse nos concellos galegos

Unha enquisa de Sondaxe publicada por La Voz suliña que Compostela Aberta aumenta a súa vantaxe sobre o PPdeG en dous concelleiros. Cae o PSdeG e PPdeG e o BNG estáncase. Fontes consultadas falan de “certa maquillaxe” de datos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/12/2017 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O “alcalde 2.0”, como se refeire a el El Correo Gallego, colleitaría unha nova vitoria electoral de celebrarse hoxe unhas novas eleccións municipais en Santiago de Compostela. Martiño Noriega e a súa formación, Compostela Aberta (CA), aumentarían en intención de voto e superarían ao PPdeG en dous concelleiros, 11 fronte a 9. Son os datos dunha enquisa de Sondaxe publicada por La Voz de Galicia este domingo.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

O efecto das mareas, cando menos as municipais, seguiría sendo importante no espectro político galego segundo este estudo que sinala que Compostela Aberta logra agora dous edís de marxe sobre o PP e distánciase porcentualmente en estimación de voto (39,5 % por 31,7 % dos populares). Unha circunstancia que se entende polo “desplome” do voto socialista, que segue perdendo apoios e deixa outro edil polo camiño. 

Segundo La Voz, o PSdeG afúndese nas estimacións con só o 12,2 % dos votos, que se traducen en tres concelleiros. Trátase da peor expectativa electoral tras moverse durante décadas entre as maiorías de Xerardo Estévez nos 80 e 90; e o respaldo cidadán xa neste século de Sánchez Bugallo, que nunca baixou de nove edís. O grupo agora liderado por Francisco Reyes, que baixara a catro concelleiros no 2015, leva meses funcionando con só tres por un problema interno que se resume en que un funcionario municipal que ía na lista non tomou posesión do seu escano. 

O BNG, ESTANCADO

O BNG non se aproveita desta caída do voto socialista, nin tampouco do desgaste do goberno do nacionalista Martiño Noriega. De feito, o Bloque mantén os seus dous concelleiros actuais. Tampouco acadaría representación Ciudadanos, que mesmo baixa en intención de voto con respecto as eleccións do 2015. Polo que o voto que perde Cs e o PPdeG iría para Compostela Aberta. Unha circunstancia difícil de entender, pero que tamén acontece en Pontevedra, co rexedor do Bloque, Miguel Anxo Fernández Lores.

Martiño Noriega, alcalde por Compostela Aberta
Martiño Noriega, alcalde por Compostela Aberta

Segundo fontes consultadas por GC, estes datos da enquisa de Sondaxe estarían “un pouco maquillados” e a diferencia entre CA e o PPdeG non sería tan destacada. “Os nosos datos apuntan a un empate técnico”, indican. Tamén sinalan que esta enquisa será diferente cando se teñan solventado os problemas internos do PSdeG, que actualmente se atopa en procesos internos de elección da súa cúpula provincial. No que si coinciden é que o candidato que Alberto Núñez Feijóo queimou para tentar recuperar a alcaldía, Agustín Hernández, “non acaba de despegar”.

PROBLEMAS DA CAPITAL

Segundo a enquisa de Sondaxe os problemas de Santiago son o desemprego e a escaseza de empresas e de tecido industrial. Así o subscriben o 21,5 % dos enquisados.  Os que insisten no mal estado das estradas, rúas e beirarrúas representa o 20,5 % dos consultados. 

Nun segundo bloque de preocupacións dos cidadáns figuran a xestión do tráfico, a deficiente sinalización e a escaseza de aparcadoiros (11,4 %); a saturación dos centros de saúde, a escaseza de axudas ás persoas necesitadas e as políticas de igualdade (11,1 %); e o transporte urbano deficiente (10,1 %).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

12 DDT_PPSOEIRO

Din que soben as mareas e os multinicks PPsoeiros descargan contra o BNG.Toman como boa unha enquisa que ademáis, neste mesmo artigo, se di que pode estar manipulada. ¿Alguén dubida que os que aquí comentan son trolls do PPsoe? ¿Algún dos que comentaron aquí falou do PP, PSOE ou Cidadáns? E logo,"actorasos", cánto vos paga o PPsoe? Cál foi o voso papel,"actorasos independentistas", en Cataluña hai ben pouco? Baixo a hipócrita posición das formas (logo de varias elecións facendo o papel de independentistas) olvidáchedes o fondo, que é o dereito a decidir dos pobos. Así que agora espero isos que me digan que en Nabodamiñoca o secretario da alcadía (do BNG)firmou un papel que lle puxo diante o alcalde (do PPsoe) e que o BNG está desacreditado por feitos coma eses. Sodes un fracaso, tanto se vestides de mareantes como de PPsoeiros, TRABALLADE, LACAZÁNS.

1 DDT_PPSOEIRO

Como ía decindo antes: Sodes uns vendidos de pouca monta, trolls ppsoeiros. Como se lles dixo que nin habían nomeado ao PP, o PSOE ou Cidadáns, mentras cargaban contra o BNG. Ven agora o mosqueteiro Portos a falar de pasada sobre PP e PSOE, respostando algo que xa XA RESPOSTARA ANTES no fío anterior. Mais convencido que nunca, Portoraiboso, que sodes lixo. Seguindo co teu tema: Vasme negar que hai unha campaña contra os independentistas? Logo, cantos imputados do BNG eran inocentes? Por qué "crímenes" foi imputado o alcalde de Mugardos cando íades da man do goberno central contra o BNG? ¿Cántos dos vosos andaban na estafa das vivendas do VOSO sindicato? Qué fixéstedes nos vosos gobernos? Ides contra Lores en Pontevedra dicindo parvadas como que na ONU foron comprados cando lle diron o premio en Oriente Medio, contra Bloomberg, etc. TRABALLADE,LACAZANS

11 Sessee

Menuda empanada hai entre bloqueiros e podemitas. Canto odio se destila por estes lares.Deixo de ler os comentarios porqué non leo nada construtivo, so odio e insultos

10 Mareado

Non entendo onde dí que as mareas se consolidan, se a enquisa só fala do concello de Santiago.¿?. Compostela aberta é unha marea?, pertence a En Marea?, presentarase como CA ou como EN Marea nas próximas?. Na comarca de Santiago, en Teo goberna unha Marea?. En Ames, Ames Novo é unha Marea?. Podemos está na Marea?, porqué en Ames existe Ames Pode e non está na Marea?. Como no mesmo espazo ou no mesmo proceso en Ames hai dúas mareas e unha apoia ó alcalde e a outra está na oposición?. Existe en Marea?.

1 g4Hn

Cala cala se non van dicir que eres un troll, onde goberna os mareados en tódalas suas variantes sen o apoio do Psoe???? onde??? en Galicia ou no resto do estado. Veña a responder comunista capitalista e demáis papanciños que disfrutades do afundimento do nacionalismo galego por riba de evacuar o PP do Poder.

2 Portus Marinus

Cariño, e onde goberna o BNG sen o PsoEspañol? Pactades, apoiades ao partido da cal viva, do Gal, do 135, do 155, dos Eres, da financiación ilegal, das portas xiratorias... E onde goberna o PP por culpa das Mareas de Podemos? Ser mantidos polo PsoE faite repetir mantras: agardando que Podemos apoie un pacto entre o PsoE falsario e traidor coa ultradereita de Ciudadanos? E que se baixen as calzas, como acostuma o BNG? Nada teño a ver coas Mareas de Podemos (así de clariño), agora... No BNG pedistes disculpas polos numerosos desvíos (Dorribo, regalos, Aquagest, minas, Reganoxo, La Roja, alcaldes vitalicios, touros... ), no poder das deputacións o BNG reparte unto? Seguimos coa insistencia nunha vía fracasada? Son culpables os outros do voso erro, en deixar espazo a cambio de colocar mantidos? Que si, compartides moito coa Mareas de Podemos, dándolle apoio ao noxento PsoEspañol (dereita e nacionalismo español de verdade) até lles gañades!!!

3 s8hG

Pontevedra, Tomiño, Allaríz, Bueu ou Carballo poden ser exemplo do bo traballo a nivel local realizado polo Bloque sen dependencias do Psoespañol, pero non contestache a pregunta, limitaste a decir os mesmos mantras de sempre pero bueno que se lle vai facer se non aprecias o cambio na deputación de Pontevedra é porque moito non entendes nin che interesa a verdade. A verdade é a que é, non existe ningún caso de corrupción, ni procesados no Bloque. ""Dorribo, regalos, Aquagest, minas, Reganoxo, La Roja, alcaldes vitalicios, touros... )"" si estas chorradas son os teus argumentos para desprestixiar o traballo de tantos segue así que o estas a facer moi ben e cando topes a solución para non deixar roubar o PP nas localidades onde non hai maioría dabondo para non depender do apoio do Psoe dinos a ecuación máxica.

4 Portus Marinus

Para comezar, sen dependencias do Psoespañol en Pontevedra? Logo quen apoia agora mesmo? Con quen compartiu goberno senon co Psoespañol? Cantos imputados leva o BNG? Cando Baltar jr. é declarado inocente, non ten responsabilidades politicas? Felipe non foi o X do Gal, a infanta das facturas falsas e do marido empalmado é inocente, Camps un honorable, M. Rajoy non se sabe a quen corresponde? Que grande a xustizamdo sistema no que os palmeiros do BNG acreditan! Fernando Blanco non era o presidente do clube privado Accion & Klasse de Dorribo, Barzarra o alto cargo do BNG non traballa para Dorribo, o BNG non celebrou cun vino espanhol a posta en marcha de Reganoxo, F. Blanco non tapou a ilegalidade dda canteira da Campa no Courel ate que caducou o expediente, o responsable de finanzas do BNG ( non sendo de Pontevedra) non se reuniu co de Aquagest en nome do alcalde de Pontevedra...

5 Portus Marinus

Seguimos... Lores non subvencionou directamente os touros nas primeiras lexislaturas e agora faino indirectamente, non declçararon concelleiras do BNG que recibian regalos, non había un alcalde do BNG que coloca pantallas xigantes e inaugura fontes para homenaxear a La Roja, ou coloca e defende o nome de Fraga a unha avenida... Para que seguir, vai ao Google ou á hemeroteca para enterarte! Certo ou falso? Que precisas o apoio do partido da cal viva, do Gal, do 135, do 155, dos Eres, da financiación ilegal, das portas xiratorias... Para seguir o ditado do sistema ou para cambiar? Eu humildemente opino que é para seguir mantendo barriguinhas agradecidas! E ti tan pancho! Outros aspiramos a unha política diferente, radicalmenmte distinta, que vaia á raiz do problema e se deixe de cosmética, por iso somos alerxicos ao espanholismo e á dereita que tanto ampara o Psoespañol, e que o BNG axuda a consolidar.

6 Portus Marinus

En resumo: o BNG é un partido sistémico, que con feitos apoia o espanholismo e a dereita de sempre, mentres fai un discurso de esquerdas e nacionalisa para a galería (catro inocentes despistados e dous mantidos aproveitados polos pactos co Psoespañol). E ti, de quen ves sendo?

7 vd8g

Estás moi ben desinformado comezando por que o único que apoia o goberno de Pontevedra e a Marea, nunca se subvencionou nin directamente nin indirectamente as touradas iso é unha gran mentira o único certo é que se aluga a praza para fins non taurinos pero nada segue có mesmo que así nos vai, o de aquagest xa é de traca, coincides nas tuas acusacións letra por letra co PP. De verdade que non entendo a opinion de xente coma tí, que o BNG tivo erros dacordo, de ahí a metelos na mesma saca de M rajoy e cia andamos ben. Saude compañeiro

8 Portus Marinus

Taparrabos, cando non teñas argumento, mellor caladiño: 'El convenio del 2001 estipulaba la subvención directa a los toros', en La Voz: https://www.google.es/amp/s/www.lav... Sobre o apoio do PsoEspañol ao BNG de Pontevedra, cantos enlaces queres? Apoiou, con goberno bipartito continuado, e agardando o apoio no presente. O de Aquagest, dame ti a resposta: que fai o responsable de finanzas do BNG negociando en nome do alcalde de Pontevedra, cando el non ten cargo en tal concello nin é veciño? Axúdoche? Se cadra era como o anterior responsable de finanzas que participa en Carrumeiro Media? Casualidades, evidente, rodeado con altos cargos do BNG e no local do lado da sede nacional! E os galegos de a pé chupamos o dedo!

9 Celidonio

Sabedes se o Nostrus agora faise chamar Natacha, Tulipán, Flora e outras margarinas... Pola obsesión enfermiza acredito que a multinick é o mesmo pobre ou comparten cama e pagador.

1 MaikelborrachoideNoia

Non hai moita diferenza entre os trolls do BNG e os do PP, ambos odian as Mareas. Normal, teñen postiños e liberacións ameazadas por calquera amago de rexenación democrática.

2 Dalle que libras

A min a Natacha esa , pareceme á Collona de Lugo

3 Natasha Rostova delasRestrevas

Ai, que preocupados pola miña identidade e que actividade comentarística a vosa. Hai algún comentario que queirades que pasa desapercibido quizais ou é que as vosas neuronas excítanse coma naquela canción aquela de Springsteen só con ler o meu nome: https://www.youtube.com/watch?v=d5P... En calquera caso, sexades quen sexades e defendades a quen defendades... Sodes uns trolls moi malos porque producides algo entre a risa e a bágoa. Por certo, coma se destitúen concelleiros en Madrí: http://www.europapress.es/madrid/no...

4 Natasha Rostova delasRestrevas

Que tendo esas aliadas na capetal veñas a dar leccións de política acusando aos demais de colaborar coa dereita non é que provoque risa e que dá para empezar e non parar. Agora ben, se o voso eleitorado vos quere, que dicir: gozade do votado.

5 cazarraposas

Natacha, podo chamarte Rosaria?

6 Natasha Raposa

Chámame coma gustes caro. Se che axuda a manter algo a calma, curar o teu orgullo ferido de machote e establecer algunha conexión neuronal máis que che permita argumentar. De todos xeitos, francamente... Non se che me dá coma ti me podas chamar ou deixar de chamar... Teño outras cousiñas que facer. Ata estou pensando en escribir unha noveliña partindo das anécdotas que meu avó me comentaba do lugar onde me foron a nacer. E que coma dicía meu avó: é importante saber de onde vimos... para saber a onde vamos. Ti que cres? Entristéceme un pouco que non me chames polo amado nome da miña querida Natasha, protagonista de Guerra y Paz... Aínda que me dá que ti de literatura rusa moito non debes entender... Creo que ti debes de ser máis de ler novas coma esta e ao mellor ata de remeter tuis: http://www.publico.es/politica/anal...

7 Natasha Raposa

Por certo, que teima coas raposas... Co fermosas que son. E renartes... Cóidate moito. PD: Encántame Louis Malle. Unha das miñas películas preferidas chámase Ferida e nela a protagonista di algo así coma "ten coidado coas persoas feridas, elas saben coma sobrevivir". Ti que pensas?

8 BNG loves PP

Encántame ollar nos comentarios o rabiosa que está a bloqueirada. Sodes uns sipaios fracasados. Hai Marea! XDDDD.