Denuncian os privilexios de xuíces e fiscais por ter aparcamento exclusivo prohibido aos traballadores xudiciais

Alternativas na Xustiza-Cut e os traballadores dos Xulgados da Coruña din estar “asustados” coa contestación do Maxistrado-Decano dos Xulgados da Coruña a súa solicitude para utilizar en igualdade de condicións as prazas de aparcadoiro dos edificios xudiciais.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/12/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

“O Decano defende o actual sistema de aparcadoiro no garaxe de Rúa Monforte, cando afirma que lle parece correcto e axustado que só poidan aparcar Xuíces, Fiscais e Letrados da Administración de Xustiza”, denuncian.

Xulgados da Coruña
Xulgados da Coruña | Fonte: Coruña Hoy

“Estes mesmos argumentos utilizados no exercicio da súa profesión e no seo de calquera procedemento civil, (non nos esquezamos que o señor xuíz decano é titular da praza do xulgado de primeira instancia 4 da Coruña), non o deixaría en moi bo lugar como tampouco a Administración de Xustiza como garantía da tutela efectiva dos dereitos dos cidadáns, pois o criterio utilizado é en beneficio propio e dos seus colegas de profesión, en detrimento do resto de traballadores (funcionarios dos corpos de xestión e tramitación PA así como dos auxilios xudiciais)”, apuntan nun comunicado remitido ao GC Aberto, o servizo do GC aberto a colectivos e persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Fóra privilexios

E os privilexios de concelleiros e concelleiras en asisitir a actos culturais dos concellos que son de pago e ós que eles van pola cara ?

1 anonimo

El mundo de la Justicia siempre fue muy clasista, no haber opositado allí.

1 Tocabolas

Tamén podemos introducir na Dieta Básica Rabo de Xuiz........e operar en consecuencia.