Por que Gonzalo Caballero está perdendo todos os congresos provinciais?

Lugo, Pontevedra e, agora, A Coruña. Queda por saber que pasará en Ourense. Con todo, a perda dos candidatos afíns ao novo líder do PSdeG nestas provincias supón un duro golpe a súa intención de “pacificación” e control do partido en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 18/12/2017 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Como é posible que Gonzalo Caballero, que gañou con case o 60% dos votos a Secretaría Xeral do PSdeG a comezos de outubro, perda en pouco máis de dous meses todo o gañado entón e con cifras de escándalo, como aconteceu en Lugo ou na Coruña?. “Iso hai que preguntarllo ao propio Gonzalo”, apuntan dirixentes que apoiaron a candidatura de Leiceaga –integrada posteriormente coa de Caballero-- e que se senten desprazados.

Gonzalo Caballero na sede do PSdeG
Gonzalo Caballero na sede do PSdeG | Fonte: publico

De feito, parte dos problemas que está tendo Gonzalo Caballero nas provincias é, precisamente, por ter ignorado a boa parte dos sectores que o apoiaron no congreso nacional galego do pasado outubro. Na confección da súa executivo deixou fóra a moita xente. “Xa non só se trata de que non conseguira integrar á candidatura de Villoslada –o seu contrincante--, senón que tamén deixou moi cabreada á xente de Leiceaga e mesmo xente que era da súa corda, como Nico González --de Lalín--”, apuntan fontes do PSdeG consultadas por GC.

Precisamente, este feito está detrás da perda de poder en todas as provincias. En Pontevedra, os que o apoiaron a el, e antes a Leiceaga, acabaron votando po David Regades como secretario provincial. O mesmo aconteceu en Lugo con Álvaro Santos e na Coruña con Valentin González. E algo semellante pode pasar en Ourense se os apoios recibidos por Pachi Vázquez acaban na deputada Noela Blanco e non no candidato impulsado pola nova dirección, Rafael Rodríguez, alcalde de Amoeiro.

PROBLEMAS PARA AS AUTONÓMICAS

Fontes do propio entorno de Caballero destacan que estes erros que tivo á hora de integrar á xente “os está pagando con creces”. Unha situación que pode traerlle serios problemas no futuro, sobre todo, cando queira constituír un “equipo propio” na Cámara galega xa que serán as direccións provinciais, e polo tanto os seus críticos, os que decidan os postos desas candidaturas.

Gonzalo Caballero Anuncia Unha Axenda De Traballo ?A Pé De País? Para Presentar
Gonzalo Caballero Anuncia Unha Axenda De Traballo ?A Pé De País? Para Presentar

Terá que aprender a pactar”, suliña este histórico militante de Pontevedra que indica que o principal problema de Gonzalo “é que sempre estivo na oposición dentro do partido” e que, agora, con responsabilidades, “non está sabendo facer ben as cousas”. “Supoño que será cuestión de tempo”, indica.

Pero o tempo é algo que xoga na súa contra. Terá que fiar fino senón quere que todo o poder que conseguiu en outubro, acabe esfarelado. Por iso, distintas fontes consultadas apuntan que o que debería facer é “tentar buscar a integración” dos que quedaron excluídos, e non só do sector crítico de Villoslada, senón tamén dalgúns grupos que apoiaron a Leiceaga. De feito, destacan que Lage Tuñas, un dos grandes activos de Leiceaga, apoiou a lista de Valentín González, e o mesmo aconteceu co sector de Pontevedra afín a Antón Louro, que se posicionaron con David Regades. 

Tamén en Lugo, xente que, supostamente era afin ao novo secretario de Organización, José Antonio Quiroga, acabou apoiando a Álvaro Santos, o que motivou as queixas de Patricia Otero, que representaba aos “caballeristas” na provincia, e que dixo sentirse “traizoada”.

CARÁCTER

“É posible que haxa cambios na dirección en breve, pero todo vai depender de Gonzalo”, apuntan as fontes consultadas que indican o carácter “personalista” do novo líder do PSdeG. “Gonzalo é moi terco e cando se lle mete algo nos cornos non hai xeito de quitarllo da cabeza. Quizais ese sexa o seu principal problema, que non sabe aínda delegar na xente”, destacan. Un problema que ten que solventar rápido senón quere que se lle acumulen os problemas dentro do seu partido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Galdo

Hai que engadir dous erros máis, non menores: elixiu a varios rencoros@s tanto na executiva coma nalgunha candidatura provincial, xente repudiada nas súas agrupacións e con ganas de revancha por procesos anteriores, que incluso apoiaron nas municipais a outras opcións. E membros da executiva activos en redes o único que xeran é máis xenreira no seu líder, adoutrinando como mesías que veñen a rexenerar un partido histórico e o único que fan é fomentar a división e o repudio a quen o dirixe. E coma eles e elas din: non van cambiar (ao mellor por iso foron vetados constantemente por dirixentes anteriores). Eles son máis de escribir nas redes, o de traballar pola unión do partido é cousa doutros.

4 contra expaña monoarquica

e moito e do feudo, de xente aferrolladas as cadeiras e os sofás tamen pasa na anova mareada de podreiros e no pp de Ourense balty moitos son autenticas camándulas defenden o seu e o único que lles importa nin patria nin nada... non ven o atoleado que esta o alcalde de Vigardos... non ven a marea posta en función do rei Neptuno do mal saniAGES (o golfiño merendiño)

3 Anti...

Porque o seu tío abel é o dono do pesoe espa ñolista.

2 Lacasadelatrolla

Esquecemento, adicado aos trolls ppsoeiros

1 MikkenVigo

Porque os partidos vellos resístense a mudar a súa forma de actuar. Vai levar tempo borrar as baronías (Caballero-Vigo e Besteiro-Lugo), e dependerá do desexo dos afiliados que sexa así ou o PSdeG sexa un PP descafeinado...

1 Gafe

Non, e porque el non soubo integrar e en fin... A ver se vai ter algún gafe cerca. Por certo, faime graza o dos partidos vellos, porque anda que os novos... Mi madriña...

2 nostrus

Gafe, Algo de razón tes en canto aos partidos novos si te refieres con elo a Podemos, pero Ciudadanos non é xusto metelos no mesmo saco, porque C´s representa a faciana amable da política xa que aposta pola realidade, a diversidade, o bilingüismo e afánase en intentar solucionarlle os problemas a xente, moi porriba da situacion das linguas, bandeiras ou relixions. Só hai que escoitar estos dias a Inés Arrimadas para decatarse dos beneficios do seu proxecto.

3 Gafe

Home Nostrus, agora mesmo teño o corazón partío despois de ler isto: https://www.elprogreso.es/opinion/m... Por certo, a aposta amable polo bilingüismo inclúe xa a potenciación da normalización lingüística en Galicia onde a perda de falantes de galego é alarmante e o respecto polo modelo de inmersión de Cataluña? Se fose así, ao mellor ata me cría algo. Mira teño coñecidos con salarios de miseria, coñe cidos sufrindo listas de espera que non acaban... E teño que ler por exemplo este artigo... Tedes os medios detrás dicíndovos a vós e a eles o guay que sodes... Pero a min, polo momento gústame pensar por min.