Galicia mantén a alerta por seca malia as choivas recentes

A conselleira de Medio Ambiente, trala reunión da Oficina Técnica da Seca, destaca que os caudais dos ríos sitúanse en torno ao 20% e chama a un "uso responsable" da auga.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/12/2017 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, advertiu de que a seca persiste en Galicia a pesar das últimas choivas que deixou a borrasca 'Ana' ao seu paso polo país. "Os datos que coñecemos até o momento non convidan a dicir que a seca rematou", asegura.

Greenpeace documenta a seca no Encoro Belesar en Portomarín, Lugo.
Greenpeace documenta a seca no Encoro Belesar en Portomarín, Lugo.

Este luns celebrouse a reunión da Oficina Técnica da Seca, na que, con carácter "técnico", estaba previsto abordar a continuidade das accións ante a persistencia da alerta por seca, segundo explicou Mato dende A Coruña. "A situación de alerta é a que impera a día de hoxe, seguimos en alerta. A día de hoxe, ata que a oficina técnica diga algo, seguimos en alerta", asegurou a conselleira de Medio Ambiente.

En concreto, para reflectir con datos a seca que atravesa Galicia, Beatriz Mato destacou a situación dos ríos, cuxos caudais, de media, sitúanse en torno ao 20%.

USO RESPONSABLE DA AUGA

"Non porque houbese dous ou tres días de intensas choivas poderemos dicir que a seca terminou", asegurou Mato en referencia ás choivas que deixou hai oito días a borrasca 'Ana' ao seu paso por Galicia. E é que, "os datos que coñecemos até o momento non permiten dicir que a seca terminou", asegura Mato, que chamou á poboación a realizar un "uso responsable" da auga mentres persista esta situación de seca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta