Temas: MULLER CSIC

A primeira muller á fronte do CSIC: "É un signo de que estamos a cambiar"

Avoga por potenciar a "importantísima" labor de investigadores en Galicia nos ámbitos do mar, forestal e sobre patrimonio, entre outros

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/12/2017 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A nova presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Rosa Menéndez, opinou que o feito de ser a primeira muller á fronte da institución é "un signo de que se está cambiando un pouquiño" como sociedade, e representa "un paso á fronte".

Rosa Menéndez, presidenta do CSIC
Rosa Menéndez, presidenta do CSIC | Fonte: Europa Press

Menéndez, que estivo este luns en Galicia no seu terceiro acto público desde que tomou posesión do cargo, avogou por potenciar a "importantísima" labor que realizan investigadores na comunidade en centros relacionados co mar, o sector forestal e o patrimonio, entre outros.

No ámbito da ciencia, o "principal problema" dos últimos anos e a crise foi o do persoal, que se está "tentando recuperar" agora, aínda que recoñeceu que "non é suficiente aínda".

Respecto diso, valorou que os científicos e o CSIC "souberon loitar contra" as dificultades financeiras en "momentos moi duros", e opinou que "para que un país sexa competitivo ten que apoiarse na ciencia e na investigación".

CONTACTO COAS EMPRESAS

"É fundamental para que un país creza que apoie a educación e a investigación", incidiu, para, a continuación, mostrar a súa intención de "potenciar" o contacto coas empresas, "non só as grandes", senón tamén as de pequeno e mediano tamaño.

Neste sentido, apostou por "tentar vender" as capacidades do CSIC á industria e tamén aos gobernos autonómicos, de modo que "sexan conscientes" de que os investigadores "poden axudar no día a día".

Como retos dentro da organización, nun escenario "saneado", fixouse a axilización do sistema de xestión e a súa profesionalización, en paralelo a lograr unha "estabilidade" e un "marco atractivo" para o persoal. "Non pór trabas e ser facilitadores do labor dos investigadores", resumiu.

Temas: MULLER CSIC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta