Piden erradicar os eucaliptos da capital de Galicia

Goretti Sanmartín defenderá no pleno santiagués unha iniciativa para erradicar esta especie e substituíla por carballos, castiñeiros, sobreiras e froiteiras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/12/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O eucalipto ocupa en Galicia 425 000 hectáreas, un terzo da superficie forestal, un 17% do territorio, e continúa a medrar. Entre 1995 e 2010 duplicouse a superficie ocupada polo eucalipto e desde 2019 continuou a medrar con intensidade. En Santiago a superficie arborizada ocupa 10.552 hectáreas, un 91% da superficie forestal.

Martiño Noriega e Goretti Sanmartín asinan o acordo
Martiño Noriega e Goretti Sanmartín asinan o acordo

Por iso, hai quen quere erradicar esta especie da capital galega. Neste sentido, a concelleira do BNG en Santiago, Goretti Sanmartín Rei, trasladará ao vindeiro Pleno unha iniciativa para eliminar eucaliptos próximos a núcleos de poboación, rede viaria e canles fluviais, ademais de propor un plan de axudas para plantar frondosas caducifolias e froiteiras. 

En rolda de prensa, sinalou que é necesario revisar a memoria para saber a orixe da eucaliptización, “con plantacións descontroladas e caóticas de eucaliptos no tardofranquismo, nas décadas 60 e 70 do século XX, que produciron unha alteración alarmante da paisaxe e unha mudanza da explotación e usos tradicionais do monte e un monocultivo intensivo”. “Evidentemente, a relación coas necesidades de ENCE ficou sempre clara”, sinalou.

Referiuse tamén aos problemas do monte na actualidade, no relativo á extinción de incendios e á súa prevención. No fondo do problema, dixo, “o que hai que facer é que o medio rural teña vida, e para iso hai que eliminar o monocultivo de eucalipto  e camiñar cara a un aproveitamento multifuncional do monte”. Sobre as medidas inmediatas que se poden tomar para frear a eucaliptización, apostou por “parar a plantación de Eucaliptus nitens” e impulsar unha moratoria á expansión do eucalipto e desenvolver un plan de axudas e de asesoramento para substituír eucaliptos por especies arbóreas frondosas caducifolias.

Por outra parte, o BNG solicita que se estuden medidas fiscais para incentivar a plantación de especias autóctonas e o aproveitamento multifuncional do monte. Reclamará tamén que se adopten as medidas de prevención nas marxes de seguranza de 30 metros libres de plantacións de eucaliptos, mimosas e piñeiros nos núcleos de poboacións e tamén vixiar para que dos 30 aos 50 metros non haxa mato e as árbores estean ben separadas entre si. 

Plantación simbólica de eucaliptos no Obradoiro para protestar contra a invasión desta especie en Galicia
Plantación simbólica de eucaliptos no Obradoiro para protestar contra a invasión desta especie en Galicia | Fonte: Galicia Confidencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Sara

Apoio toda iniciativa contra a plantación de eucaliptos. ¿Onde hai que firmar?

3 Sara

Apoio toda iniciativa contra a plantación de eucaliptos. ¿Onde hai que firmar?

2 fuxido do pazo reborainas

miren o que esta a pasar coa herba da pampa o concello de SantiAGE de componendas esta chea desta herbiña bioinvasoar, o concello non fai nada o mellor dito o alcalde e o golfiño merendiño do obispado catedralicio e o canciño policía da untada de malicia da frijolesca!!!! señores que panda de inútiles e mareados, non lles gusta traballar os frustrantes istes de izquierda la comunista, nugalleiros e prelliceiros, farsantes profesionais o servizo de expaña

1 Arturo

O de sempre, e o que nunca se di: son os propios galegos quenes prantan eucaliptos, non a Xunta o concello de Boqueixón ou o Obispado de Tui. Cálase sempre eso.Nunca se di que os que prantan eucaliptos son ( algúns ) galegos. Sempre se fala das prantacións en abstracto, coma se os eucaliptos os prantaran os marcianos.