Dúas testemuñas sitúan no lugar do suceso ao acusado de provocar tres incendios en agosto de 2016 en Covelo

Os axentes que investigaron o ocorrido insisten en que o lume foi intencionado e o acusado manifesta a súa inocencia

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2017 | Actualizada ás 16:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas testemuñas protexidas situaron no lugar do os feitos ao acusado de provocar tres incendios forestais nocturnos no municipio pontevedrés de Covelo en agosto de 2016.

Este martes na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrouse un xuízo contra José Luís C.O., veciño do municipio de Covelo acusado de provocar tres incendios nocturnos en agosto de 2016 que se aproximaron ás casas dunha aldea e queimaron un parque infantil.

A Fiscalía solicita que o acusado sexa condenado a catro anos de prisión como autor dun delito de incendio forestal e que se lle impoñan 20 meses de multa a 10 euros diarios e o pago á Xunta de Galicia dos gastos que xerou a extinción do lume --7.561,38 euros--. Mentres, a defensa pide a súa libre absolución.

Durante o xuízo, o acusado proclamou a súa inocencia, pero a fiscal da causa, Carmen Novo, sostén que hai probas para acusarlle e considerarlle autor dos lumes.

O acusado negou a súa implicación nos incendios e explicou que ese día estaba en casa e viu lume nunha zona na que tiña unha leira herdada da súa nai, de modo que se achegou. Ao chegar, sostivo, non había ninguén e el non puido avisar aos servizos de extinción porque non tiña teléfono. Tampouco apagou o lume porqu, alegou, ten un problema de saúde nas costas, de modo que se foi a casa. Cando chegou, viu que xa había medios de extinción que se dirixían ao lugar, de modo que xa non alertou tampouco a ninguén.

Foron considerados como "clave" neste caso dúas testemuñas protexidas que aseguran que viron ao acusado subir por un camiño que era o principal acceso á zona do lume desde o pobo. Xa esa mesma noite sinaláronlle ante os axentes da Policía Autonómica que acudiron ao lugar e este martes reiteraron as súas sospeitas ante o tribunal da Sección Cuarta.

MEDO A REPRESALIAS

Uno destas testemuñas explicou que queren salvagardar a súa identidade por "medo a posibles represalias", pois "non se como se vai a tomar esa persona que o acusou".

Os axentes da Policía Autonómica e os forestais que investigaron o ocorrido insistiron en que o lume foi intencionado. Un dos focos do incendio queimou 0,11 hectáreas de terreo agrícola e outras 2,04 hectáreas de terreo agrícola e forestal, mentres o terceiro foco non chegou a propagarse, e calcinou uns 100 metros cadrados de matogueira.

O incendio produciuse en zona moi próxima á aldea e chegou a uns 50 metros de distancia dunha vivenda e afectou tamén a un parque infantil. Queimou a vexetación de parte do chan do mesmo e, ademais, un deles reproduciuse ao día seguinte.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta