Temas: PARLAMENTO

O PP rexeita tramitar na Cámara unha iniciativa popular para promover o galego no ámbito económico

Os populares cren que fixar novas obrigacións normativas podería xerar "o efecto contrario" e A Mesa apela a "saír do armario lingüístico"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2017 | Actualizada ás 21:29

Comparte esta noticia

Os deputados do PPdeG rexeitaron cos seus votos a toma en consideración dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) encamiñada a promover o uso do galego no ámbito socioeconómico e que, a pesar de contar co apoio do resto de grupos que compoñen o arco parlamentario autonómico --En Marea, PSdeG e BNG--, non se tramitará no Parlamento de Galicia.

Marcos Maceira, presidente da Mesa
Marcos Maceira, presidente da Mesa | Fonte: irmandade.tv

Tanto Luís Villares (En Marea), como Concepción Burgo (PSdeG) e Olaia Rodil (BNG), ratificaron o apoio dos seus grupos a esta iniciativa "de xustiza". Con todo, o parlamentario popular César Fernández Gil esgrimiu que os dereitos lingüísticos xa están garantidos "en igualdade de condicións" no actual marco normativo para os usuarios.

Tamén aludiu a medidas adoptadas polo Executivo autonómico como o impulso do plan de dinamización do galego no ámbito económico e engadiu que, lexislar a maiores, podería ocasionar "un efecto contrario" ao buscado. En concreto, Fernández Gil incidiu en que fixar novas obrigacións pola vía normativa, coa correspondente posibilidade de infraccións e sancións, e a necesidade de incorrer en novos custos "que non todas as empresas estarían en condicións de asumir", podería "favorecer o efecto contrario ao desexado e entender como unha obrigación formal o uso do galego".

DEFENSA DA MESA

Previamente, para defender a iniciativa interviñera na cámara galega o presidente da entidade promotora, A Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, quen lembrou que 28.000 persoas "constataron coa súa firma a vontade ampla" de que os galegos poidan ter "os mesmos dereitos" de calquera lingua oficial no seu territorio.

Convidados da Mesa na Cámara galega nunha iniciativa presentada por esta institución
Convidados da Mesa na Cámara galega nunha iniciativa presentada por esta institución | Fonte: BNG

E é que é no ámbito socioeconómico no que os cidadáns "desenvolven as súas relacións de consumo" e "todas aquelas actividades que precisan para vivir e satisfacer gran parte das súas necesidades". "Actividades, como case todas, que precisan da lingua para informarse, solucionar dúbidas, reclamar os seus dereitos como consumidores ou dar aviso en caso de emerxencia", resumiu.

"Situacións nas que, dunha maneira asfixiante, a nosa lingua está excluída, vetada. Onde o normal é que non estea. Onde non temos liberdade para empregala, simplemente, por non haber opción en galego na atención, documentación ou información", engadiu, a continuación. Non en balde, denunciou que "a liberdade no uso do galego é, no mellor dos casos, condicional e limitada", aínda que "formalmente" o galego é a lingua propia cooficial en Galicia e os poderes "teñen a obrigación de promovela".

"RACISMO LINGÜÍSTICO"

Maceira incidiu en que "a realidade é que hoxe en Galicia é "practicamente imposible facer en galego" actos "tan simples e habituais" como "abrir unha conta, asinar contratos de diferente tipo ou mesmo trámites obrigatorios en entidades públicas como o alta ou a baixa na Seguridade Social ou determinadas xestións coa Axencia Tributaria". "Querer vivir en galego, con toda normalidade, convértenos en estranxeiros na nosa patria", sentenciou.

"A lingua é unha necesidade humana. Recoñecer o dereito á atención en calquera lingua excepto na propia é unha mostra de desprezo ao pobo que a fala. É pretender manter pola forza e pola coacción, un status de subordinación que ben podemos denominar racismo lingüístico", engadiu.

"SAÍR DO ARMARIO LINGÜÍSTICO"

Tras coñecer o rexeitamento do PP, na súa quenda de peche, Maceira deu as grazas aos populares que, segundo revelou, "dentro e fóra da Cámara" trasladaron o seu apoio á entidade e tentaron que o seu partido apoiase esta iniciativa. A continuación, apelou a "saír do armario lingüístico".

Tamén reprobou o "ataque" ao galego que ligou cos sucesivos mandatos do PP e asegurou que confía en que, "cando non dependa do PP", a defensa do galego poderá ser "unha realidade" na comunidade.

Temas: PARLAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 FARTODALINGUA

Hasta los kinder estoy de estos naZionalistas con lo del jallejo. Que cadaquen fale o que queira. A eles ninguén lles obriga a falar español cando van a un bar, ao médico ou a unha empresa. O que non poden facer é obrigar ao dono desas empresas ou ao médico a que lles fale na língua que él lle pide. Tanto dereito teñen uns coma os outro a falar na língua que desexen. Se por mín fora, xa excluía ao galego da categoría de oficialidade e facía como en Francia, paìs democrático e avanzado onde a única língua oficial é o francés. E así se expresa quen nunca estudou en galego e sabe empregar o idioma para se comunicar cando o precisa, que sinceramente, é NUNCA.

1 Nexus 6.5

Harto, un comentario excelente, con Nostrus, y yo mismo, somos los salvadores de este foro. No debe daros vergüenza mostrar lo que somos: Fascistas Españoles, orgullosos de nuestra Patria y de nuestro idioma Castellano convertido en Imperial Español. Fuimos educados con Formación del Espíritu Nacional, lo que con sangre entra no se pierde con lavados de pócimas igualitarias (además, como bien dice nuestro admirado intelectual, Pío Moa, el régimen del 78 es la continuidad del franquismo). Añoramos la Francia centralista y otras democracias verdaderas con segregación racial, sometimiento de las feminas, colonización y élite en la metrópoli central. No hay igualdad posible entre culturas, idiomas o pueblos: Unos somos vencedores y dominantes y otros, como los gallegos y su dialecto regional, dominados. Ánimo camaradas Nostrus y Fartus o Harto (disculpa que no respete el original, ya sabes, al dialecto ni agua).

2 Arturo Novo

Você, ou é um ignorante ou é um fascista. Eu estou por pensar qué é as duas coisas à vez.

4 nostrus

Durante séculos o galego non foi oficial nin se gastou un patacon na sua promocion, pero inda asi era unha lingua viva porque a xente usábao. De feito meus pais sempre foron galegofalantes e nunca recibiron un peso por selo e eu mamei deles o galego inda que na miña época nunca o estudei porque non era oficial. Non atopo o motivo porque se intenta modificar os usuarios do galego e non se deixa que sexan as personas a lingua que deben falar. Os naciotas o que pretenden é vaciar o armario de galegofalantes para que se metan nel os castelanfalantes, porque consideran ao galego como a lingua verdadeira e sagrada, inda que sexa unha lingua innecesaria e de moi pouca utilidade. O galego debe ser oficial porque responde a unha realidade lingüisitca social en Galicia e na que moita xente se atopa cómoda nesa lingua, pero non por motivos identitarios ou maniáticos. Os nacistas pódenlle rezar ao galego canto queiran, pero non poden obrigar a ninguen a facer o mesmo.

1 Nexus 6.5

Nostrus, como fascistas coincidimos, eres insistente, peleón y buen camarada, pero... falta Valentía para salir del armario. Y un poco de formación. Tu linea argumental se pierde, veamos: Muy bien las categorías, como buen fascista. A corregir, no debes jugar con Verdad y Sagrado, son términos muy nuestros. Tampoco con Nación y Nacionalistas, los verdaderos somos Nosotros, los Españoles. Lo cierto, tampoco debe darte miedo a decirlo, somos nosotros los Nacionalistas Españoles los que estamos, por la fuerza de la dominación y por la obligación de nuestra Constitución de inspiración franquista, vaciando el armario de gallegohablantes dialectales para convertirlos en Españoles de primera. No temas proclamar lo que somos: Nacionalistas Españoles Superiores y a seguir machacando a los conquistados. Estamos preparando unas jornadas de formación en La Coruña, con visita al Palacio de Meirás y al Ferrol del Caudillo, apuntate y mejora como buen fascista.

2 Arturo Novo

Outra vaca mais no milho. Não vai haver mazarocas dabondo na leira.

3 O que queda do BNG

Cantos anos leva xa Marquitos Poliposo de liberado parasitario? Vai traballar algún día nalgo que non sexa un postiño no que o coloque a UPG?

1 Arturo Novo

Vaia, ho! Depois de ler o artigo, o único que se che ocorre é preocupar-te pela situação professional do Presidente da Mesa. Pois mira ti que que não vas achar melhores ocasiões!

2 anonimo

Es que la ILP de Libertad de lengua que Galicia Bilingüe puso en marcha hace poco tiene mucho éxito en toda España y Feijoo no se puede arriesgar a que se airee que da apoyo a una ley de los nacoonalistas. Él sigue aspirando a suceder a Mariano. Otra vez será, chicos. Donde hay patrón no manda marinero.

1 anonimo

Nostrus xa o estas a celebrar con cava? Ai non que ti debes de ser dos que toman champagne ou escumoso.