A Strauss Festival Ochestra estará en Pontevedra, Santiago e Vigo este Nadal

Afundación acolle o Gran concerto de aninovo Johann Strauss entre os días 27 e 30 de decembro.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/12/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Afundación acollerá nas ciudades de Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo o gran concerto de aninovo Johann Strauss a cargo da Strauss Festival Orchestra e a compañía Strauss Festival Dance Ensemble. O programa está inspirado na tradicional cita musical que cada ano se celebra en Viena e inclúe obras como Napoleón, Festa das flores, O valse do emperador, Champagne, O belo Danubio azul ou a Marcha Radetzky que adoita pechar a velada. 

Concerto da Strauss Festival Ochestra
Concerto da Strauss Festival Ochestra

Esta produción recibiu grandes ovacións nas grandes salas de toda Europa: no Musikverein de Viena, Concertgebouw de Ámsterdam, a Philarmonie de Berlín, o Musikhalle de Hamburgo, o Auditorium Parco della Musica de Roma, o Gran Teatre del Liceu ou o Palau de la Música de Barcelona, o Teatro Real e o Auditorio Nacional da Música de Madrid, entre outros.

A actuación da Strauss Festival Dance terá lugar o mércores 27 de decembro, ás 20.30 horas, na Sede Afundación de Pontevedra; o xoves 28, á mesma hora, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela e finalmente o sábado 30 no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) en dúas sesións, ás 17.00 e ás 20.30 horas. As entradas para asistir pódense adquirir na web Ataquilla.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta