Temas: AP-9

Todos os grupos reclaman que Audasa pague o 100% do IBI pola AP-9

Apoio no Parlamento a unha iniciativa do BNG para pedir ao Goberno central que remate cun “privilexio franquista” que mantén a concesionaria da autopista por unha lei de 1972.

Por E.P. | Compostela | 20/12/2017 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Todos os grupos con representación no Parlamento galego sumaron os seus votos a unha iniciativa do BNG para pedir ao Gobierno central que suprima "os privilexios fiscais" que conserva a concesionaria da AP-9, Audasa, dende tempos franquistas, e que lle supón unha bonificación do 95% do IBI polos terreos que atravesa, diñeiro que deste xeito deixan de ingresar os concellos galegos.

Atasco na AP-9
Atasco na AP-9

Denunciouno unha vez máis o diputado nacionalista Luís Bará no pleno deste martes: "un privilexio franquista" aprobado a través dun Real Decreto de 1972, que debería ter sido retirado.

Malia ao acordo entre os grupos nesta cuestión, non foi posible pechar un máis amplo co PP noutros aspectos que recollía a moción do Bloque, como a rebaixa das peaxes na AP-9 ou a corrección da contaminación acústica que xera ao seu paso polas parroquias de Chapela (Redondela) e Teis (Vigo).

Enfronte, o parlamentario popular Martín Fernández Prado censurou a "demagoxia" da oposición ao respecto das tarifas, pois "calaba" cando estaba no Goberno. Ante as críticas da oposición, o deputado popular argumentou que a suba das peaxes obedece “a contratos firmados que hai que cumprir".

Temas: AP-9
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta