Cataluña vota o futuro de España

O que pase este xoves vai marcar, e moito, os acontecementos políticos, económicos e sociais de Cataluña, do Estado español e mesmo da Unión Europea. Tras a aplicación do 155, o encarceramento de consellers e dun dos candidatos e o outro fóra de Cataluña por estar en busca e captura, o 21-D é máis que unhas eleccións. E Galicia Confidencial vai estar alí para contalo grazas ás crónicas da xornalista Rosalía Rodríguez e do fotoxornalista Miguel Núñez, colaboradores do GC.

Por Rosalía R. Mendez | Barcelona | 20/12/2017 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

Cataluña decide o futuro de España. A xornada de reflexión coincide, desta volta, cun día laborable, un feito excepcional que non ocorría dende os anos 80. Pero este non é o único feito que marcou unha campaña atípica que remataba este mércores ás 00.00 hors..

Un home con bandeira e camiseta independentista na manifestación a prol da unidade de España de Barcelona / Miguel Núñez Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 / Miguel Núñez
Un home con bandeira e camiseta independentista na manifestación a prol da unidade de España de Barcelona / Miguel Núñez Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 / Miguel Núñez

Este xoves, os cataláns enfróntanse ás cuartas eleccións ó Parlamento en sete anos, tras unha campaña claramente marcada pola polarización de dous bloques: os que defenden a aplicación do artigo 155 e Cataluña como parte de España, e o bloque soberanista, en favor da independencia de Cataluña.

A campaña transcorreu nun ton pouco amable , con reproches constantes entre as diferentes forzas políticas e cruces de declaracións entre os seu líderes. Haberá que agardar ata a publicación dos resultados  mañá pola noite para ver cal é a opción máis votada e, nos vindeiros días, os posibles pactos de Goberno.

As enquisas pronostican que os resultados van estar moi axustados entre os dous bloques. Nada está decidido polo momento, e ningunha das forzas políticas, segundo as sondaxes, obtería unha maioría suficiente para poder gobernar en solitario. 

Os pactos entre partidos serán necesarios para conformar o novo Parlament. A iso hai que sumar a alta porcentaxe de indecisos, que poden inclinar a balanza de cara ós partidos soberanistas ou ós constitucionalistas. 

Manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez

Coas enquisas na man, as forzas políticas lanzáronse nos últimos días de campaña a convencer ós indecisos, con actos multitudinarios nas diferentes cidades e pobos, entrevistas nos medios de comunicación e mais debates nas televisións autonómica e estatal.

CAMPAÑA ELECTORAL ATÍPICA

A campaña arrincaba hai dúas semanas con dous dos candidatos fóra de Cataluña. Oriol Junqueras, candidato de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), na prisión de Extremera, e o ex-President Carles Puigdemont, de Junts Per Catalunya (JxCat) en Bruselas. Desta volta os dous partidos preeéntanse por separado, pola contra do que acontecera na anterior lexislatura, gobernando coa coalición de Junts Pel Si. 

Os dous líderes foron recordados nos diferentes mítins de campaña, onde o ex-President da Generalitat intervía en varios actos por videoconferencia, mentres que Junqueras non o facía por estar en prisión preventiva. A mensaxe destes partidos durante a campaña electoral foi a de recuperar as institucións catalanas, e reinstaurar a normalidade democrática. 

De feito, este martes pola noite, no peche de campaña, dende Junts Per Catalunya pediron o voto dos cataláns para “o retorno da democracia” e para “restituir a Carles Puigdemont” como presidente, presentándose como única alternativa fronte o goberno de Rajoy. Neste mesmo acto, facendo un chamamento ós votantes para “protexer o Govern” o 21D, tal e como o fixeron o 1 de outubro coas urnas.

Pola súa banda, Esquerra Republicana viaxaba ata o cárcere de Extremera, para apoiar ó seu líder, Oriol Junqueras, nun acto simbólico ás portas da prisión. Xa pola tarde os líderes de ERC coa número dous Marta Rovira acompañada de Carme Forcadell e os exconselleiros Carles Mundó, Dolors Bassa e Raül Romeva, pechaban a campaña cun acto en Sant Vicenç dels Horts, pobo no que vive Junqueras e do que fora alcalde. Pediron o voto para ERC para derrotar ós "sinvergoñas" que os enviaron á prisión e o artigo 155.

Mentres tanto, as CUP pechaban a campaña cun acto en Barcelona no que defenderon a vía unilateral como única saída. Ó longo destas dúas semanas defensaron unha república catalana na que construir un estado co centro nas políticas sociais para evitar “que a violencia de Estado dobregue ó pobo” e como única “garantía de que a maioría republicana non caia na trampa do autonomismo e a claudicación”. 

Catalunya en Comú Podem (CenC)  centraba a súa campaña nas políticas sociais tratando de posicionarse entre o bloque independentista e os constitucionalistas. A súa proposta é a da vía alternativa ó “bucle” no que está Cataluña, ofrecendo diferentes pactos dun goberno de esquerdas no caso de que, tal e como apuntan as enquisas, CenC teña a chave da gobernabilidade o 22 de decembro.

OS CONSTITUCIONALISTAS

Os partidos constitucionalistas pechaban campaña onte á noite tamén en Barcelona, tras unha campaña na que loitaron por conseguir o voto dos cataláns non independentistas e a defensa da unidade de España. As enquisas pronostican unha suba de Ciutadans (C´s) e os Socialistes (PSC), mentres que os populares (PP) baixarían en intención de voto respecto ás eleccións de 2015.

Miquel Iceta, líder do PSC, mantivo durante toda a campaña que eles son os únicos que poden por fin a situación de inestabilidade en Cataluña xa que cre que “nin a dereita nin o inmovilismo poden derrotar ó independentismo”, en clara alusión ó PP e Ciutadans. O PSC tratou ó longo da campaña de atraer o voto de esquerdas cun tono “conciliador” e mesmo pediron a liberación dos presos para voltar á normalidade democrática.

Mentres, dende Ciutadans, Arrimadas pedía onte no acto de Barcelona o voto para o seu partido ofrecéndose como “a oportunidade de rematar co `procés´ e de traer de volta ó sentido común a Cataluña”. O facían nun acto en Nou Barris, barrio tradicionalmente socialista, no que Rivera pedía convertir “o cinturón vermello de Barcelona en cinturón laranxa”. 

O Presidente do goberno, Mariano Rajoy, estivo estes últimos días de campaña en Cataluña co seu candidato, Albiol. En diferentes actos de campaña presentaron ó PP como o partido que “devolveu a voz ós catalanes” propoñendo que “España é a solución” fronte a un Goberno da Generalitat que actuou con “deslealtade hacia o conxunto da sociedade”.

NOVO SÍMBOLO: OS LAZOS AMARELOS

Pero se houbo algo a destacar nesta campaña electoral foi o lazo amarelo como símbolo en lugar de esteladas. Dende o ingreso en prisión os líderes de ANC e Omnium e os ex-consellers, moitos políticos e cidadáns utilizaron a cor amarela para defensar a súa liberdade en forma de lazos na solapa, bufandas e mesmo camisetas desta cor.

Esta campaña caracterizouse pola presencia destes lazos en substitución das xa tradicionais esteladas, que desta volta estiveron menos presentes nos actos electorais e nos balcóns das cidades. Pero tamén escoitamos berros de “liberdade presos políticos” en lugar do xa tradicional “In- de- Independencia”, converténdose deste xeito a cor amarela nun novo símbolo soberanista.

A Xunta electoral prohibía este símbolo nas institucións públicas durante a xornada de reflexión e o día de votación, polo que foron retirados grandes lazos dalgúns edificios públicos, e mesmo a decoración amarela de árbores de Nadal en edificios da Generalitat ou nas fontes da cidade de Barcelona.

XORNADA DE REFLEXIÓN

Este mércores transcorreu en Cataluña con total normalidade. Os candidatos adicaron na súa maioría o día a disfrutar de tempo coa familia e a descansar tras unha intensa campaña. Albiol (PP), Domenech (CenC) e Iceta aproveitaron o día do espectador para ir ó cine a ver a última película de Star Wars. Eso si, por separado.

Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios