Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/12/2017 | Actualizada ás 11:35
PROSAGAP ( sindicato dos Profesionais da Sanidade Pública Galega). Ese é o nome do novo sindicato xurdido o pasado 13 de decembro logo da unión acordada entre as centrais sanitarias SAGAP e PROSAGAL. Unha unión que se explica, din, “pola enorme similitude entre ambos sindicatos na lectura tanto da precarización e perda de dereitos aos que están sometidos os/as traballadores do SERGAS como parte da perversa política de acoso e derribo da sanidade pública por parte dos gobernos central e da Xunta”.
Ademais, nun comunicado, a nova entidade suliña que tamén queren loitar contra o “descrédito” que estaban a ter as centrais sindicais tradicionais por parte dos traballadores “derivaba da bucrocratización dos seus dirixentes e do acomodamento e falta de contestación que, como organizacións, estaban a amosar no actual contexto de crise”.
“Fronte a estas actitudes, tanto SAGAP como PROSAGAL apostamos xa dende os inicios por un sindicalismo eficaz, participativo, unitario e democrático, emanado dos/as propios taballadores e que reclamase postos de traballo dignos e unha sanidade pública universal e de calidade, fronte ás políticas pactistas e de reparto de migallas características dos últimos anos”, engaden.
Tras a fundación deste novo sindicato agardan ser un “espazo referencial” no campo da sanidade galega e ser referentes na loita pola defensa da Sanidade Pública galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.