Protesta para denunciar a contaminación da praia onde se atopa unha das fervenzas máis importantes de Europa

No areal de San Pedro, no Pindo, en Carnota, desemboca o Xallas e é un dos lugares máis turísticos de toda a Costa da Morte.

Por Galicia Confidencial | O Pindo | 21/12/2017 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O pobo do Pindo, no concello de Carnota, e todos os cidadáns que o desexen están chamados este 23 de decembro a unha manifestación para protestar pola situación de contaminación que padece unha das súas praias, a de San Pedro, onde desemboca o río Xallas, famoso pola fervenza do Ézaro, unha das máis fermosas de Europa.

Parte do Monte Pindo e do Ézaro, coa praia de San Pedro, ao fondo, calcinados tras o feroz incendio que sufriu a zona
Parte do Monte Pindo e do Ézaro, coa praia de San Pedro, ao fondo, calcinados tras o feroz incendio que sufriu a zona | Fonte: QPC

Esta contaminación está provocada por verteduras domésticas e fecais sen depurar. Unha situación á que se engaden os problemas de cheiros insoportables. Dase a circunstancia de que este lugar xa ten avanzada boa parte da súa rede de saneamento, mais por problemas administrativos a entrega, non dá rematado.

A reivindicación partirá ás 17:00 horas da praza da Solaina e conta co apoio do Monte Pindo Parque Natural. Pedirase á Xunta e a Augas de Galicia que aceleren as xestións para a posta en funcionamento da conexión á EDAR municipal que acabe definitivamente con estes problemas.

Saída do colector vello de saneamento no Pindo chea de contaminación por fecais
Saída do colector vello de saneamento no Pindo chea de contaminación por fecais | Fonte: Quino Pais
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta