A Audiencia Nacional condena a 30 anos de cárcere á 'grapo' galega polo secuestro de Publio Cordón

A Sección Terceira da Sala do Penal da Audiencia Nacional condenou a 30 anos de cárcere aos membros do grupo terrorista GRAPO José Antonio Ramón Teijelo e a galega María Victoria Gómez Méndez polo secuestro do empresario Publio Cordón no verán de 1995.

Por E.P. | MADRID | 21/12/2017 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A Sección Terceira da Sala do Penal da Audiencia Nacional condenou a 30 anos de cárcere aos membros do grupo terrorista GRAPO José Antonio Ramón Teijelo e a galega María Victoria Gómez Méndez polo secuestro do empresario Publio Cordón no verán de 1995.

José Antonio Ramón Teijelo
José Antonio Ramón Teijelo | Fonte: Europa Press

O tribunal considéralles responsables dun delito de detención ilegal sen dar razón do paradoiro da vítima, cometido dentro da actividade dunha organización terrorista. Os xuíces explican que Teijelo e Gómez Méndez encargáronse de custodiar a vivenda da localidade francesa de Lyon onde permaneceu secuestrado o empresario algo menos dun mes.

Con todo, a Sala non ve elemento obxectivo algún que corrobore a acusación por homicidio, xa que a procura infrutuosa do cadáver de Cordón impide concluír que falecese da forma en que describiu Fernando Silva Sande, o 'grapo' que leva colaborando neste caso coa Garda Civil desde 2008.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta