Arrinca a tramitación de 18 parques eólicos, que a Xunta axilizará e supoñen 450 millóns de investimento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que arrinca a tramitación de 18 parques eólicos en varios concellos --por 409 megawatts-- e de 14 infraestruturas de evacuación asociadas, proxectos que terán que estar finalizados o 31 de decembro de 2019 para cumprir cos requisitos da poxa estatal ou os seus dereitos decaerán. O investimento ascende a 450 millóns de euros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2017 | Actualizada ás 14:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que arrinca a tramitación de 18 parques eólicos en varios concellos --por 409 megawatts-- e de 14 infraestruturas de evacuación asociadas, proxectos que terán que estar finalizados o 31 de decembro de 2019 para cumprir cos requisitos da poxa estatal ou os seus dereitos decaerán. O investimento ascende a 450 millóns de euros.

Parque eólico de Malpica
Parque eólico de Malpica | Fonte: Europa Press

A tramitación, segundo reivindicou o presidente galego, realizarase "na metade de tempo" grazas á lei de implantación empresarial, pero manteranse "as garantías xurídicas, técnicas e ambientais". Á marxe destes 409 megawatts, "extraoficialmente" as empresas trasladaron o seu interese noutros 200. "E isto faise sen primas", subliñou.

Tras o Consello da Xunta, Feijóo destacou que, en materia eólica, este é o acordo "máis importante" da lexislatura e "permitirá retomar o pulso" ao sector en Galicia, "o máis eficiente de España", xa que a comunidade é "a segunda" en potencia instalada, pero "a primeira" en produtividade, polo número de horas e calidade do vento.

Ademais do investimento, concretou que estes proxectos levarán, nos anos de execución dos mesmos, o impulso de 6.000 empregos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta