A marca ‘Pescaenverde’ súmase a ‘pescadeRías’ para identificar a pesca galega sostible e de alta calidade

A marca de garantía da Universidade de Santiago únese á da Consellería do Mar da Xunta para fortalecer o selo de calidade do peixe e marisco procedente da frota artesanal galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/12/2017 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A marca de garantía da Universidade de Santiago (USC) Pescaenverde sumarase á de pescadeRías, de onde se non?, combinando deste xeito o selo de calidade do peixe e marisco procedente da frota artesanal galega con indicadores medioambientais como a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxético.

Peixe galego.
Peixe galego.

Esta suma de esforzos e sinerxías busca poñer a disposición do consumidor final a garantía de ter un produto sostible de alta calidade, cuxa captura supón unha minimización de impactos ambientais como son o do cambio climático e o consumo enerxético. A colaboración é posible a través dun convenio asinado entre a USC e a Consellería do Mar. 

A marca ‘pescaenverde’ creouse en 2012 como actividade de transferencia de tecnoloxía dos profesores Gumersindo Feijoo e María Teresa Moreira, do grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC. Esta marca certifica que o peixe e marisco etiquetado con ela cumpre uns requisitos ecolóxicos na emisión máxima de dióxido de carbono por quilo de produto (pegada de carbono) e unha taxa de retorno enerxética mínima (ecoeficiencia enerxética). Ambos os dous dous factores permiten garantir as boas prácticas das pesquerías minimizando o impacto sobre o cambio climático. 

Pola súa banda, a marca ‘pescadeRias, ¿de onde se non?’ creouse en 2008 co obxectivo de identificar e garantir a trazabilidade dos produtos do mar procedentes da flota artesanal e sostible da costa galega. Os produtos etiquetados baixo esta marca garanten a orixe, a frescura e a calidade, respecto ao medio ambiente e a aplicación de boas prácticas na súa manipulación polas empresas responsables de por estes alimentos no mercado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta