Cataluña vota independentismo, pero eleva a primeira forza a Ciudadanos e deixa afundido ó PP

ERC, Junts per Catalunya e a CUP poderán constituír de novo unha maioría absoluta que retome o camiño do proceso independentista, freado pola aplicación do artigo 155 da Constitución española. Con todo, Ciudadanos marca un fito ao converterse na primeira forza política neste país. O PP pasa a ser un partido residual. Os independentistas gañan en escanos pero perden en votos.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 21/12/2017 | Actualizada ás 23:02

Comparte esta noticia

Cataluña votou independentismo. Junts per Catalunya (34 escanos)Esquerra Republicana de Catalunya (32) e a CUP (4) superan xuntos en dous escanos os 68 que marcan a maioría absoluta no Parlament catalán. Con todo, Ciudadanos muda de xeito radical o panorama político en Cataluña ao converterse, sorprendentemente, na primeira forza política, con 37 deputados.

Masiva participación en Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
Masiva participación en Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

Carles Puigdemont salvou a súa carreira política, a do seu partido, o PDeCAT —transmutado en Junts per Catalunya (JpC) para estes comicios—, e as aspiracións do independentismo catalán. A candidatura que lideraba o último presidente da Generalitat, autoexiliado en Bruxelas, conseguiu superar todas as expectativas e evitou o sorpasso de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), mais non o de Ciudadanos, que marcou un fito ao converterse na primeira forza en Cataluña. Con todo, os independentistas poderán volver constituír unha nova maoiría absoluta sumando os escanos de JpC, ERC e a CUP.

Porén, a CUP, o partido que máis firme se mostrou no proceso independetista, sufriu un duro golpe ao perder máis da metade dos escanos que tiña, pasando de 10 a tan só 4.

PUIGDEMONT GAÑA NO EXILIO A JUNQUERAS NO CÁRCERE

A desputa aberta que nos últimos tempos mantiveron JpC e ERC semellaba, cando menos nas enquisas, favorable aos segundos. Pero a candidatura liderada por Puigdemont deu a sorpresa e afianzouse como a grande alternativa do independentismo catalán, con 34 escanos, tres menos que Ciudadanos.

Os líderes de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, tras coñecer que quedaron como terceira forza política nas decisivas eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
Os líderes de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, tras coñecer que quedaron como terceira forza política nas decisivas eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

A gran decepción foi para ERC, que se cría favorita logo de verse como gañadora en todas as enquisas previas a estas eleccións. Pero só logrou 32 escanos, cinco menos que Ciudadanos e tres menos que JpC. Parece que o exilio en Bruxelas de Puigdemont e a súa campaña virtual, con aparicións mediante videoconferencias nos mitins, tivo máis impacto na sociedade catalá que o encarceramento de Oriol Junqueras, o líder de ERC.

FITO DE CIUDADANOS

Con todo, a gran sorpresa foi a vitoria de Ciudadanos, un partido que pasou de tan só tres escanos nas eleccións catalás de 2006 aos 37 que conseguiu nestes últimos comicios. Esta suba espectacular, que converte ao partido liderado por Inés Arrimadas na primeira forza política en Cataluña, debeuse principalmente ao voto útil que recibiu dunha maioría dos cidadáns en contra do proceso independentista. Ese voto útil chegou principalmente por dúas vías: o aumento espectacular da participación, a maior da historia, e polo transvase de votos do PP, case ao bordo da desaparición en Cataluña.

Esta é a terceira vez que un partido non nacionalista é o máis votado nunhas autonómicas en Cataluña. As dúas anteriores ocasión gañaron os socialistas, en 1999 e 2003. É dicir, dos 12 comicios celebrados dende 1980, en nove gañou unha forza nacionalista e en tan só tres ocasións o máis votado foi un partido non nacionalista.

A vitoria de Ciudadanos tamén chama a atención porque é a primeira vez que un partido se converte na primeira forza política sen gobernar unha soa alcaldía.

DESFEITA DO PP E ESCASO IMPACTO DO SOCIALISMO

O electorado catalán castigou a Candidatura d'Unitat Popular, os Comúns e, sobre todo, o PP, que queda estragado, pasando a ser un partido residual en Cataluña con tan só tres deputados, oito menos que na anterior lexislatura. Uns resultados desastrosos que non só cuestionan a intervención de Cataluña por parte do Goberno central liderado por Mariano Rajoy mediante a aplicación do artigo 155, senón tamén o papel xogado polo líder do partido en Cataluña, Xavier García Albiol, que sempre mantivo o discurso máis reaccionario non só contra o independentismo, senón contra toda manifestación de identidade nacional catalá e tamén contra colectivos como os inmigrantes.

O outro gran partido estatal, o PSOE, representado polo Partido Socialista Catalán (PSC), recupera algo de folgo en Cataluña, pero moi pouco, pasando de 16 a 17 escanos, insuficientes para afianzar unha alternativa ao independentismo. Un resultado moi por debaixo do que agardaban e que deixa aos socialistas cun sabor amargo.

CAÍDA DOS COMÚNS

A ambigüidade do seu discurso tamén pasou factura a Catalunya en Comú Podem, que perdeu tres escanos, pasando de 11 a 8. Posiblemente boa parte dos seus votantes optaron nesta ocasión polo PSC, que gaña un deputado. Nin as arengas de Pablo Iglesias, líder de Podemos, nin o apoio de Ada Colau, alcaldesa de Barcelona, conseguiron elevar o apoio á candidatura liderada por Xavier Domènech.

A CUP, CHAVE PARA REABRIR O PROCESO INDEPENDENTISTA

Así as cousas, Cataluña segue partida en dous: os independentistas gañan en escanos pero perden en votos. Agora queda por ver se Puigdemont e Junqueras arranxan as súas diferenzas, expostas publicamente nos últimos días por facerse co liderado do independentismo catalán, e logran chegar a un acordo de goberno que debería facer de novo a Puigdemont presidente da Generalitat. 

Pero para consolidar unha maioría absoluta e revitalizar o proceso independentista, freado pola aplicación do artigo 155 da Constitución, deberán contar de novo co apoio dunha CUP agora máis debilitada pero que segue sendo a chave para continuar polo camiño do secesionismo.

Tamén queda por ver que sucederá con Puigdemont e Junqueras. No caso de reeditarse o último Govern catalán, co primeiro como presidente e o segundo como vicepresidente, Cataluña tería aos seus dous máximos dirixentes no exilio e no cárcere, unha situación inédita nunha democracia avanzada.

Por outro lado, o escenario máis que probable cun novo Executivo independentista obriga ao Goberno central a asumir unha realidade que negou e que ten que levar a abrir a vía do diálogo para non enquistar a situación en Cataluña e a súa relación co Estado.

A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

15 ELECCIONS ANTIDEMOCRATICAS

non foron eleccions xustas sinon corruPPtas onde uns vende patrias o tiñan todo a favor (chupadanos, pepeiros, sociatas e o infame aborto de podreiros) foron apoiados polos medios e grandes poderes económicos e da monoarquia expañolenta, outros perseguidos, na cadea no exilio, outros aterrorizados pola policía, con requisas de material electorar da CUP, con provocacions das hordas para policiais, conseguiron mobilizar o voto dos mais ignorantes e estúpidos nos cinturos industriais de Barcelona, apesares de todo o xogo suxo do estado expañolento e ladron non conseguiron que os catalans perdesen, utilizaron as enquisas para encauzar o voto pepeiro o chupadanos, tentaron afundir o presidente dos catalans puigdemont!!! que pasaría si as eleccions fosen xustas, que pasaría si o entramado financiatorio de chupadanos fose posto a luz do día!- chegaron incluso a ensalzar a podreiros como alternativa democrática e constitucionalista e fixeron o papel dos axentes do facismoexpañol

14 Equidistando

https://www.elnacional.cat/es/polit... Perdón, metes aos dos Comúns nas contas e aos abstencionistas? E sinxelo de saber: un referendum coma na Escocia ou no Quebec. Creo que vós deberiades ser os máis interesados. Ti mesmo o dis: seguro que o gañabades. Por certo, quen son os de sempre? Falas de cidadáns individuais e categorizas aos que non pensan coma ti coma "os de sempre".... Lembra todo o que sobe rápido, baixa rápido. E os indendentistas seguen aí por moito que tentedes en negalo.

1 Os de sempre son os de sempre

"os indendentistas seguen aí por moito que tentedes en negalo", só seguen eles logo? O resto non existe? Xa non viven na Comunidade Autónoma de Cataluña? Quen nega a quen? Os que pola vía pacífica cumpriron a lei e acudiron a votar a un referendum legal ou os que deron un golpe de estado, expulsando a case medio parlamento e organizaron unhas votacións sen regras, sen control, sen a máis mínima legalidade. "Os de sempre" non son os que pensan diferente son os que só admiten o seu pensamento e chaman facistas, alienados, bobos, paletos, expañolistas, felóns, a todos os que non pensan coma elas porque se creen mellores. Si te sintes aludido, sintoo, pero os que acatamos as leis somos máis, o resto, xa se sabe como acaba... Como na Comunidade Autónoma Vasca hai anos.

2 Equidistando

Mira ho, sabes ler imaxino? Pois aquí che deixo un breve resumo de coma se ve o asunto por outros lares... E un consello, dunha republicana federal, non confundas a defensa das nosas Españas (da nosa amada Sefarad) coa defensa dos privilexios centralistas. http://www.dw.com/es/opini%C3%B3n-c... https://www.elnacional.cat/es/polit... Creo que falando nos podemos entender todos. E os cidadáns queremos que os políticos faledes e busquedes solucións. Non que creedes máis problemas. En Galicia sabemos moito de diplomacia. A nosa é xente do trato. E todos sabemos que no trato teñen que ceder as dúas partes.

3 Equidistando

Deixemos as trincheiras ideolóxica e releamos a Castelao. El xa nos deu a solución: "a) Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais pobos de Hespaña. b) República Federal Hespañola para confederarse con Portugal. c) Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea. d) Estados Unidos de Europa para constituír a Unión Mundial" Precisamos dunha Europa forte nestes momentos nos que se está a redefinir a política mundial. Cómpre solucionar este asunto xa. E só se solucionará cando os cidadáns voten a quen ofrezan solucións, non trincheiras ideolóxicas. Debemos buscar algo que nos una a todos e xenere ilusións. Debemos pedir uns medios que non sementen cizaña senón entendemento. Debemos construír unhas fortes Españas nunha Europa forte. Este home é un analista lúcido: http://blogs.publico.es/fernando-lo...

4 Ventosdamiñaterra

Equidistando, cheiras a Lalín? Trabúcome?

5 Equidistando

Si erras, un pouco. Son de esquerdas, pero Rafael Cuiña caeme ben. Tamén Pedro Puy, ou Leiceaga, ou Villares... Pero, non os votaría. Creo que hoxe a alternativa pasa por un bloque forte (aínda que eu son federalista) que se abra á sociedade, pero sen ninistas nin oportunistas. Creo que debería ser a cerna dunha candidatura galeguista que diga claramente o que hai: non podemos soportar outra aldraxe e temos que potenciar a eurorrexión. Cómpre abandonar os sucursalismos: https://www.lavozdegalicia.es/notic...

13 BT5k

Cando deixarán os de sempre de contar en partidos e contarán en persoas. A prol dos indepes 2 millóns e pouco, en contra dos indepes 2,2 millóns. Pola rúa o que se cruzan son persoas non partidos e Cataluña deixou claro o NON a independencia. O resto son querer ver cousas onde non as hai.

12 Equidistando

E sobre todo non esquecer as palabras de Castelao e pensar que temos que contribuír a reforzar Europa: : "a) Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais pobos de Hespaña. b) República Federal Hespañola para confederarse con Portugal. c) Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea. d) Estados Unidos de Europa para constituír a Unión Mundial". Xa remato: cómpre que os galegos do exterior nos axudedes.

11 Equidistando

Creo que o bloque ten que abrise á sociedade e ampliar a súas bases. Ten que volver a loitar polo seu posto coma partido nacionalista (con diversas sensibilidades con respecto a este tema, incluídas as federalistas) e conseguir facer entender ao eleitorado galeguista que só cunha forza organizada e coñecedora do que está a pasar poderemos non só manter os nosos dereitos históricos senón tamén crear riqueza para toda a sociedade. A miña proposta parte de dous piares: candidaturas abertas a persoeiros relevantes do galeguismo e aposta decidida pola eurorrexión (cómpre reforzar lazos con entidades cívicas, sindicais e culturais... Sen distinción de ideoloxía).

1 comunista independentista

Hai quen cre nos reis magos, hai quen cre no horóscopo e incluso hai que cre en que o Bloque resucite agarrándose a unhas eleccións a mil kilómetros. Ánimo aí! Nunca deixedes de soñar.

2 Equidistando

Non ho, non vai resucitar o bloque... Vai ser outro tipo de movemento. Un de verdade republicano e progresista. Non coma vós. Eu non soño. Son o teu pesadelo: a realidade.