Cataluña vota independentismo, pero eleva a primeira forza a Ciudadanos e deixa afundido ó PP

ERC, Junts per Catalunya e a CUP poderán constituír de novo unha maioría absoluta que retome o camiño do proceso independentista, freado pola aplicación do artigo 155 da Constitución española. Con todo, Ciudadanos marca un fito ao converterse na primeira forza política neste país. O PP pasa a ser un partido residual. Os independentistas gañan en escanos pero perden en votos.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 21/12/2017 | Actualizada ás 23:02

Comparte esta noticia

Cataluña votou independentismo. Junts per Catalunya (34 escanos)Esquerra Republicana de Catalunya (32) e a CUP (4) superan xuntos en dous escanos os 68 que marcan a maioría absoluta no Parlament catalán. Con todo, Ciudadanos muda de xeito radical o panorama político en Cataluña ao converterse, sorprendentemente, na primeira forza política, con 37 deputados.

Masiva participación en Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
Masiva participación en Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

Carles Puigdemont salvou a súa carreira política, a do seu partido, o PDeCAT —transmutado en Junts per Catalunya (JpC) para estes comicios—, e as aspiracións do independentismo catalán. A candidatura que lideraba o último presidente da Generalitat, autoexiliado en Bruxelas, conseguiu superar todas as expectativas e evitou o sorpasso de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), mais non o de Ciudadanos, que marcou un fito ao converterse na primeira forza en Cataluña. Con todo, os independentistas poderán volver constituír unha nova maoiría absoluta sumando os escanos de JpC, ERC e a CUP.

Porén, a CUP, o partido que máis firme se mostrou no proceso independetista, sufriu un duro golpe ao perder máis da metade dos escanos que tiña, pasando de 10 a tan só 4.

PUIGDEMONT GAÑA NO EXILIO A JUNQUERAS NO CÁRCERE

A desputa aberta que nos últimos tempos mantiveron JpC e ERC semellaba, cando menos nas enquisas, favorable aos segundos. Pero a candidatura liderada por Puigdemont deu a sorpresa e afianzouse como a grande alternativa do independentismo catalán, con 34 escanos, tres menos que Ciudadanos.

Os líderes de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, tras coñecer que quedaron como terceira forza política nas decisivas eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
Os líderes de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, tras coñecer que quedaron como terceira forza política nas decisivas eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

A gran decepción foi para ERC, que se cría favorita logo de verse como gañadora en todas as enquisas previas a estas eleccións. Pero só logrou 32 escanos, cinco menos que Ciudadanos e tres menos que JpC. Parece que o exilio en Bruxelas de Puigdemont e a súa campaña virtual, con aparicións mediante videoconferencias nos mitins, tivo máis impacto na sociedade catalá que o encarceramento de Oriol Junqueras, o líder de ERC.

FITO DE CIUDADANOS

Con todo, a gran sorpresa foi a vitoria de Ciudadanos, un partido que pasou de tan só tres escanos nas eleccións catalás de 2006 aos 37 que conseguiu nestes últimos comicios. Esta suba espectacular, que converte ao partido liderado por Inés Arrimadas na primeira forza política en Cataluña, debeuse principalmente ao voto útil que recibiu dunha maioría dos cidadáns en contra do proceso independentista. Ese voto útil chegou principalmente por dúas vías: o aumento espectacular da participación, a maior da historia, e polo transvase de votos do PP, case ao bordo da desaparición en Cataluña.

Esta é a terceira vez que un partido non nacionalista é o máis votado nunhas autonómicas en Cataluña. As dúas anteriores ocasión gañaron os socialistas, en 1999 e 2003. É dicir, dos 12 comicios celebrados dende 1980, en nove gañou unha forza nacionalista e en tan só tres ocasións o máis votado foi un partido non nacionalista.

A vitoria de Ciudadanos tamén chama a atención porque é a primeira vez que un partido se converte na primeira forza política sen gobernar unha soa alcaldía.

DESFEITA DO PP E ESCASO IMPACTO DO SOCIALISMO

O electorado catalán castigou a Candidatura d'Unitat Popular, os Comúns e, sobre todo, o PP, que queda estragado, pasando a ser un partido residual en Cataluña con tan só tres deputados, oito menos que na anterior lexislatura. Uns resultados desastrosos que non só cuestionan a intervención de Cataluña por parte do Goberno central liderado por Mariano Rajoy mediante a aplicación do artigo 155, senón tamén o papel xogado polo líder do partido en Cataluña, Xavier García Albiol, que sempre mantivo o discurso máis reaccionario non só contra o independentismo, senón contra toda manifestación de identidade nacional catalá e tamén contra colectivos como os inmigrantes.

O outro gran partido estatal, o PSOE, representado polo Partido Socialista Catalán (PSC), recupera algo de folgo en Cataluña, pero moi pouco, pasando de 16 a 17 escanos, insuficientes para afianzar unha alternativa ao independentismo. Un resultado moi por debaixo do que agardaban e que deixa aos socialistas cun sabor amargo.

CAÍDA DOS COMÚNS

A ambigüidade do seu discurso tamén pasou factura a Catalunya en Comú Podem, que perdeu tres escanos, pasando de 11 a 8. Posiblemente boa parte dos seus votantes optaron nesta ocasión polo PSC, que gaña un deputado. Nin as arengas de Pablo Iglesias, líder de Podemos, nin o apoio de Ada Colau, alcaldesa de Barcelona, conseguiron elevar o apoio á candidatura liderada por Xavier Domènech.

A CUP, CHAVE PARA REABRIR O PROCESO INDEPENDENTISTA

Así as cousas, Cataluña segue partida en dous: os independentistas gañan en escanos pero perden en votos. Agora queda por ver se Puigdemont e Junqueras arranxan as súas diferenzas, expostas publicamente nos últimos días por facerse co liderado do independentismo catalán, e logran chegar a un acordo de goberno que debería facer de novo a Puigdemont presidente da Generalitat. 

Pero para consolidar unha maioría absoluta e revitalizar o proceso independentista, freado pola aplicación do artigo 155 da Constitución, deberán contar de novo co apoio dunha CUP agora máis debilitada pero que segue sendo a chave para continuar polo camiño do secesionismo.

Tamén queda por ver que sucederá con Puigdemont e Junqueras. No caso de reeditarse o último Govern catalán, co primeiro como presidente e o segundo como vicepresidente, Cataluña tería aos seus dous máximos dirixentes no exilio e no cárcere, unha situación inédita nunha democracia avanzada.

Por outro lado, o escenario máis que probable cun novo Executivo independentista obriga ao Goberno central a asumir unha realidade que negou e que ten que levar a abrir a vía do diálogo para non enquistar a situación en Cataluña e a súa relación co Estado.

A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

10 Equidistando

O conto évos que os grandes derrotados da noite, despois do PP e da CUP (quen obtivo malos resultados pero cos seus deputados é fundamental para os outros dous grupos parlamentarios) son os famosos Comúns. Era esperable, porque ou non souberon ou non puideron facerse fortes no que lles daría votos en Cataluña e no resto das Españas: o republicanismo federalista e o progresista. Isto só ben exemplificar o que moitos sabemos: as Mareas non van a ningunha parte. Aínda que se presenten e mesmo gañen votos (os tempos na Galiza van lentos). Nin sequera foron capaces de contribuír a crear un partido republicano federal. Así que deixemos xa o tema das Mareas. Tarde ou cedo pagaran a súa incapacidade manifesta de ler os tempos históricos e centrémonos no importante: que facer para que no caso de haber unha reformulación territorial non tiñamos que sufrir outra aldraxe ou coma resistir na posible tentativa de recentralización que se nos virá enriba?

1 LKI

Vaia! Non sabía eu que as Mareas se presentaran ás eleccións de onte. Primeira noticia que teño. Atendendo á túa "lóxica", o futuro de Galiza está en votar Ciudadanos, non? Claro, por iso en Pontevedra o BeNeGá fai pinza con eles. Agora se explica todo.

2 Equidistando

Ti tómasnos por parvos. O futuro de Galicia estará no que os galegos queiran. Eu son unha galega que só aspira a unha Galicia rica, plural, diversa, progresista e europea. E sei moi ben o que o ninismo rama centro esquerda que ti semellas defender representa. Se tedes algunha esperanza esta chámase Íñigo e un programa republicano, federalista e progresista.

3 LKI

Kollona, o que é tomar a xente por parva é pretender trasladar os resultados das eleccións catalás a unha realidade socio-política completamente distinta coma é a galega. E todo, coma sempre, para continuar coa túa obsesión: atacar ás Mareas.

9 Equidistando

Vitoria, que vitoria: unha pírrica e pola mínima sobre Puchedemón. O único que houbo foi trasvase de votos. E probable, que tal e coma moitos intuimos os houbese tamén dos Comúns. Ben, deixando de lado a anécdota á que vos agarrades... Só os medios das Españas por certo, vaiamos ao conto. https://www.elnacional.cat/es/polit... http://www.dw.com/es/opini%C3%B3n-c...

8 urco

Chiringos? Abofé os espanholistas na Galiza entendem bem disso. A irmã de Frijol, a saga Baltar, o futboleiro Louzán , a infausta memória de Cacharro por Lugo...

1 anonimo

¿E logo os servizos de normalización lingüística, os ministerios da verdade ou da memoria histórica, agora o Museo do Pobo, o Consello da Cultura, as asociacións de escritores de medio pelo, etc. e lojo non son chiringos creados para enchufar ós nacionalistas? O sentimendo nacionalista en Galicia é criado por int€r€$€$ persoalísimos, y los sabes, meu.

2 urco

Eis o critério ético dos asimilacionistas espanhóis . Normalizam a sua corrupçom como se dumha opçom legitima de governo mais se tratar. Aliás , o cacau mental e desconhecimento do que neste país sucedeu e sucede é pra que algum profissional em pedagogia e/ou história contemporânea intervenha.

3 anonimo

Enl prlimeiro lugar non se che entende un carallo. En segundo, todos os que falan de que hai un lote de corrupción adoitan proceder da universidade onde a corrución en forma de endogamia ou clientelismo é un escándalo, e disto, nin chiu, meu.

4 urco

Neno anónimo. Esbardalhares sem jeito é triste. Dá algumha volta por qualquer faculdade das universidades galegas pra ver se te decatas que na Galiza a universidade é umha instituiçom espanholizada e espanholizadora. Sobre as eivas que confessas de comprensom lectora, aconselho-te que sejas menos assíduo dos panfletos da brunete mediática, secçom noroeste do pequeno império, e leas mais em galego dumha ou outra normativa.

7 anonimo

Non se emocionen os indpes que en Galicia pasan lambendo. Aquí se vota nacionalismo por votar algo á esquerda do PSOE, pero o nacionalismo é unha cousa de laboratorio, sen ningún tipo de calado social salvo nos que teñen arreglada a vida nos chiringos que lles montaron os nacionalistas.

6 Braisiño

O máis DIVERTIDO do resultado electoral é ver dos nervios, cun cabreo monumental a ese exército de comentaristas-periodistas PPalanganeros, chámese Blanco Valdés, Felón Barreiro, Carlos Luis Rodríguez, Casal, Barreños e toda esa "patulea" de La Voz de Galicia...... Qué DIVERTIDO velos cabreados.... !!!! Non llles gusta o resultado !!!!!