O Apalpador toma Compostela

O famoso carboeiro do Courel estivo en Compostela para regalar castañas entre os nenos e pedirlles que sigan sendo como son.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/12/2010 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

None

O Apalpador, a figura do Nadal galego, estivo en Compostela. Nun acto organizado poloa Gentalha do Pichel, os nenos da capital galega poideron disfrutar de xogos, música e da visita inesperada do famoso carboeiro do Courel que estivo paseando polas rúas da zona vella de Santiago agasallando con castañas pilongas aos nenos e nenas.

A tradición do Apalpador estaba ao límite da desaparición e foi recuperada nos últimos anos por asociacións e posteriormente institucións públicas. É un xigante carboeiro que descendía das devesas do Courel no Nadal para apalparlle as barrigas aos nenos cando dormían para comprobar se estaban ben mantidos. Como regalo lles deixaba unha presada de castañas.

O Apalpador ten unha dura competencia xa que, polo momento, as figuras do Papa Noël ou dos Reis Magos, seguen sendo as preferidas dos nenos . Con todo, as campañas para o seu coñecemento están facendo que sexa xa unha figura moi coñecida e aceptada entre a rapazada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

13 Kali

Neste lugar sempre aparece(n) unha ou varias persoas, que nalgúns sitios chaman trolls, que se adican a provocar aos lectores sempre nun mesmo sentido ideolóxico/político moi marcado, e que frecuentemente conseguen desfacer o fio conductor de calquera información.É recomendable alimentar eses trolls? Compensa contestar ás súas provocacións? Boas festas.

12 ciri-gaio

Para que vexades até onde chegan os manolos coruñeses: http://www.barriodelosrosales.es/20... (tomádeo con humor, que é para rir)

11 Manolo

Tampoco hay que darle mucha importancia a estas ocurrencias de algunos marginales que se dedican a tocar a los pobres críos. Son escasisimamente representativos de la realidad y la tradición de la inmensa mayoría de los gallegos. Lo normal y natural es celebrar la Navidad con la familia, y quienes traen los regalos siempre fueron los Reyes Magos, aunque de un tiempo a esta parte la costumbre nórdica y anglosajona del muñeco rojo también ha cogido auge por motivos muy comerciales. Feliz Navidad

1 Vicenzo

Xa xa..escasísimos..:D, por iso os meus sobriños celebraron o do apalpador no colexio esta semaana!

2 pío

¿Y los padres permitieron que un desconocido tocase a sus hijos? Habría que quitarles la tutela

10 compostelan

Ten razón o manoliño no comentario 2 cando dí: "fai falla ser ¿fanático? para levar aos fillos a un local político onde hai debuxos co puño crispado" reclamando e defendendo os seus dereitos. É mellor levalos a eses locales donde hai un home cravado nuns madeiros como aviso do que lles pode pasar si se saen do redil. Xa nos desviamos do tema do apalpador....

9 Manoliño

E digo eu rapaces, vós, militantes comprometidos hasta las cachas, que ides a montar circos sobre a visita do Papa, ¿celebrades o Nadal? ¿facedes comidas familiares? ¿chamádeslle cea de Noiteboa e comida de Nadal? Outra cousa ¿tamén ceades a cena nacionalista por excelencia nestes días, coliflor con bacallao? Anticipo as grazas se é que hai miolos a contestar. Vou para a mesa.

1 Vicenzo

Manoliño..vese que non tes moita cultura ou non es moi letrado. Vese que non diferenzas Cristianismo e Catolicismo. Acaso os protestantes non celebran o Nadal e a noiteboa e non lle dan nin un mínimo de credibilidade ao Papa??. O cristianismo adaptou moitas festividades pagás e salpicou a nosa cultura en cousas tan importantes como o calendario, outra moi diferente é que teñamos que comulgar co Catolicismo. Acaso porque celebre o Carnaval teño que ser pagán?, acaso porque celebre o Samain teño que profesar o druidismo?, acaso porque faga o Camiño de Santiago teño que ser do OPUS??, que pouca cabeciña es, unha cousa é a cultura e as súas raigames e outra moi diferente a xerarquia católica con todos os seus bispos, cregos, papas e casos de pederastia, OPUS, proibición do preservativo e ataques á liberdade sexual. Miolos, os que se che foron a ti polo teclado...