O eucalipto é o protagonista do Belén de Mazaricos

Comerciantes, veciños e nenos recrearon un Belén xigante de ecualiptos. En Reis haberá unha cabalgata reivindicativa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2017 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Cun gran Belén de eucaliptos. Deste xeito decidiron visibilizar e apoiar as asociacións Eu Son Mazaricos, as Amas de Casa e as nenas e nenos deste concello a situación desta especie invasora no concurso de fachadas e escaparatismo #ArrincaUnEucalipto

Belén alusivo ao eucalipto no Nadal de Mazaricos
Belén alusivo ao eucalipto no Nadal de Mazaricos | Fonte: Concello de Mazaricos

Segundo apunta o concello nun comunicado, a inauguración correu a cargo dos nenos e nenas do colexio que, ademais, colgaron palabras nunha escaleira dos desexos que forma parte da composición. Polas dimensións e a composición a base de eucalipto, espertou gran interese tanto nos máis pequenos como entre os transeúntes que pasaban por alí. Esta composición reivindicativa terá iluminación para que resalte no centro da Picota.

CABALGATA REIVINDICATIVA

Por outra banda, o Concello convoca ás diversas asociacións a engalanar un tractor para a cabalgata de Reis que terá un marcado carácter reivindicativo ao aludir á importancia gandeira e rural deste municipio da Costa da Morte. “A cabalgata é un complemento ao brinde leiteiro que terá lugar o día 31 tras a Carreira do Leite, pois ambos pretenden amosar a #EsenciaMZ e reivindicar o orgullo de ser un concello gandeiro e rural”, apunta o concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta