Beiras culpa a Pablo Iglesias de "non querer comprender" que o independentismo "era un aliado" do rupturismo

Noriega advirte que "o modelo de unidade popular" é o que levan "tentando construír" en Galicia desde 2012 co nacemento de AGE

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2017 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O histórico dirixente do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras (Anova), cargou contra o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e contra o candidato de Catalunya En Comú-Podem, Xavier Domènech, aos que culpou de "non querer comprender" que o independentismo catalán "era un aliado e non un adversario" da esquerda rupturista.

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos)
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos) | Fonte: Europa Press

"Domènech e Iglesias non quixeron comprender que na confrontación 'Procès-Estado' a contradición antagónica dominante era a da cuestión nacional e non a de clase, e que o independentismo era un aliado, e non un adversario, da esquerda rupturista española", sinalou Beiras na súa conta persoal de Twitter, onde, a continuación, apuntou a que "a consecuencia" do que considera "un erro" de estratexia foi que "o bloque da esquerda" queda debilitado.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago e tamén membro de Anova, Martiño Noriega, advertiu que "o modelo de unidade popular" é o que se tentou "construír" en Galicia "desde hai cinco anos" co nacemento de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).

Ante a perda de apoios cultivada por Catalunya En Comú-Podem --que pasa de 11 a 8 escanos--, Noriega foi cuestionado sobre se a situación catalá está a pasar factura ás candidaturas de unidade popular.

"A fórmula de unidade popular está aquí desde que naceu AGE. Outra cousa é que nos esquezamos diso", apuntou, para logo lembrar que, en Galicia, esas candidaturas foron capaces de "disputarlle gobernos ao PP".

Así mesmo, ironizou con que a "maioría silenciosa" de Cataluña á que apelaba o PP na campaña "silenciou" aos populares, que quedaron relegados a última forza política no Parlament, onde compartirán grupo mixto coa CUP.

A preguntas dos medios un día despois das eleccións cataláns, nas que o bloque independentista renovou a súa maioría a pesar da vitoria de Ciudadanos, Noriega comentou que os resultados duns comicios "moi polarizados" reflicten o triunfo do "voto útil".

Así, o rexedor santiagués volveu facer un chamamento a "reconducir a situación" ao ámbito da "política", porque o conflito aberto en Cataluña, ao seu xuízo, "só se pode resolver con política". "A política non pode quedar limitada á vía xudicial", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Tiago

La media de sueldo de los de la foto es de 6.000 netos por cabeza. Toma casta.

1 Misha

Feijóo y Rajoy no cobran lo hacen por amor a España no te jo de

9 Alén

Vale, ben. Cando rompedes ese enxendro da marea e pulamos por unha forza galega?

1 comunista independentista

Veña, imos viaxar o pasado e evitar Amio! Viva antes!

2 Alén

Viaxar ao pasado é facer de palmeiro da españolada. Eu á marea xa non lle volvo votar. Sen podemos e iu eramos alguén, hoxe en día somos os "servos galegos"

8 ex-votante do AGE

aquí están as autenticas explicacions do vello -Vieiras (a rata podre do expañol e o seu sentido do humor producto de psicofármacos de amplio efecto) NON AS PODEDES PERDER!!!!- todo comenzou fai 5 millons de anos atrás cando un.ha tribu de hispano galeguistas chegou a península española!!!!- https://www.youtube.com/watch?v=f_i...

7 Os dous de sempre

Será que as cup, que en Galiza serian extraparlamentarios, o entenderon. Un pouco de sensatez.

6 nostrus

Tanto Pablo Capillas como Jose Manuel Orillas (Beiras en gallego) presumen de demócratas y luego no son respetuosos con la voluntad mayoritaria del conjunto del pueblo español que decidió en el 78 considerar que España es una sola nacion e indisoluble. Y así continuará siendo mientras el conjunto del pueblo así lo quiera, porque de querer otra cosa ya habria cambiado la Constitucion, puesto que nadie nos impediría hacerlo. Capillas y Orillas solo demuestran ser dos imprendidos y eternos descontentos vagando por el limbo.

1 urco

Prévia a constituiçom espanhola existiam as naçons galega, basca e catalã. Com o critério que empregados os chauvinistas espanhóis ao analisardes o referendo de Catalunha , nem Euskadi nem Galiza deram o seu consentimento a essa constituiçom. Com que avonda de dar a matraca com esse documento que a realidade virou em papel molhado.

2 Fiolo

Y que me dices de la nación valdeorresa, el cantón independiente de Coruña, y el Couto Misto ? Son realidades históricas indiscutibles en lucha por la libertad

3 urco

Os supremacistas espanhóis apenas salvarom das lembranças do seu hoje pequeno império, a triste alma de burócrata do segundo dos seus Filipes. Choscos, só podem reconhecer umha realidade evidente se está descrita nalgum documento que leve carimbo oficial. Que se sirvam até estouparem com este reconhecimento internacional 45 anos anterior à sua desfasada e inútil constituiçom: http://praza.gal/politica/5423/80-a...