Beiras culpa a Pablo Iglesias de "non querer comprender" que o independentismo "era un aliado" do rupturismo

Noriega advirte que "o modelo de unidade popular" é o que levan "tentando construír" en Galicia desde 2012 co nacemento de AGE

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2017 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O histórico dirixente do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras (Anova), cargou contra o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e contra o candidato de Catalunya En Comú-Podem, Xavier Domènech, aos que culpou de "non querer comprender" que o independentismo catalán "era un aliado e non un adversario" da esquerda rupturista.

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos)
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos) | Fonte: Europa Press

"Domènech e Iglesias non quixeron comprender que na confrontación 'Procès-Estado' a contradición antagónica dominante era a da cuestión nacional e non a de clase, e que o independentismo era un aliado, e non un adversario, da esquerda rupturista española", sinalou Beiras na súa conta persoal de Twitter, onde, a continuación, apuntou a que "a consecuencia" do que considera "un erro" de estratexia foi que "o bloque da esquerda" queda debilitado.

Pola súa banda, o alcalde de Santiago e tamén membro de Anova, Martiño Noriega, advertiu que "o modelo de unidade popular" é o que se tentou "construír" en Galicia "desde hai cinco anos" co nacemento de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).

Ante a perda de apoios cultivada por Catalunya En Comú-Podem --que pasa de 11 a 8 escanos--, Noriega foi cuestionado sobre se a situación catalá está a pasar factura ás candidaturas de unidade popular.

"A fórmula de unidade popular está aquí desde que naceu AGE. Outra cousa é que nos esquezamos diso", apuntou, para logo lembrar que, en Galicia, esas candidaturas foron capaces de "disputarlle gobernos ao PP".

Así mesmo, ironizou con que a "maioría silenciosa" de Cataluña á que apelaba o PP na campaña "silenciou" aos populares, que quedaron relegados a última forza política no Parlament, onde compartirán grupo mixto coa CUP.

A preguntas dos medios un día despois das eleccións cataláns, nas que o bloque independentista renovou a súa maioría a pesar da vitoria de Ciudadanos, Noriega comentou que os resultados duns comicios "moi polarizados" reflicten o triunfo do "voto útil".

Así, o rexedor santiagués volveu facer un chamamento a "reconducir a situación" ao ámbito da "política", porque o conflito aberto en Cataluña, ao seu xuízo, "só se pode resolver con política". "A política non pode quedar limitada á vía xudicial", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 Anti...

Pablo Manuel Iglesias se fora na revolución soviética daría un bo Stalin, dictador e centralisca. Ca un que non lle gosta eliminado. Coma dicía o vello Guerra que se mova non sae no retrato.

4 vieiras mula de dereitas

tontadas da vella mula -Vieiras, nin independentismo, nin rupturismo, constitucionalismo e dereitismo, liquidacionismo de xente catalana en podreiros e instauración do OPORTUNISMO e a demagoxia lerruxista o estilo do camarada -Vieiras,... e logo onde foi parar o voto útil do podreiros? pois parece que foi parar tímidamente o pe$oe do paiaso iceta, estamos falando dun voto mobilizado precisamente pola dereita o rededor do cinturón industrial de Barcelona que votou maioritariamente polo laranxa de chupadanos (laranxa ucrania de neocons, fascistas tropa de ladrons e criminais, laranxa o xulia timochenko) foi voto mobilizado masivamente no que o podreiros poido haber sacado algo e non sacou nada de nada, si os podreiros votaron tímidamente polo pe$oe pero sin ningún empacho polo chupadanos o voto de podreiros foi a chupadanos, pois o podreiro e antesa do facismo e ademáis o voto de chupadanos incrementouse polos fuxidos do pepeiro de albiñoles a vergonza do seculo XXI

1 O que queda do BnG

Gonzalo, a pastilla...

3 Natahsa Rostova delasRestrevas

Isto non ira na sección de humor que tedes... A ver..... Que se vai comentar... Onte dixo digo, hoxe diego, onte Pablo, hoxe a ver o que saia... Isto tería algún valor se o tivesen dito antes das eleccións, agora soan a chiste. En verdade, coma podedes votar por quen amosa tanta incoherencia?

2 per

Que lucidez a de Beiras, el é un bon rupturista.

1 anonimo

Falas de romper forzas politicas e partidos, non?

1 comunista independentista

Trolls a soldo do Bloque a ladrar en 3, 2, 1...