O escultor César Lombera estrea unha retrospectiva da súa obra, con gran protagonismo da cidade de Santiago

A Casa do Cabido de Santiago de Compostela acolle desde este venres unha exposición retrosprectiva sobre a obra do escultor César Lombera, creador das estatuas de 'As Marías' e Val-Inclán que decoran o parque da Alameda.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2017 | Actualizada ás 15:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Casa do Cabido de Santiago de Compostela acolle desde este venres unha exposición retrosprectiva sobre a obra do escultor César Lombera, creador das estatuas de 'As Marías' e Val-Inclán que decoran o parque da Alameda.

César Lombera e Martiño Noriega
César Lombera e Martiño Noriega | Fonte: Europa Press

'Parafernalia' recolle o traballo do artista, nacido en Euskadi aínda que fincado desde hai anos na capital galega, ao longo das súas diferentes etapas, nas que se introducen referencias continuas ao teatro ou os festexos populares.

Este venres tivo lugar a inauguración da mostra, con presenza do propio Lombera, que estivo acompañado polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen enxalzou a un artista que "forma parte do imaxinario da cidade".

Lombera destacou que 'Aparato' "xoga" co lugar onde se expón, a Casa do Cabido, un "emblema barroco da cidade e de Galicia" e un edificio "cunhas particularidades arquitectónicas" polas que sente atraído como artista.

A exposición recolle fotos, debuxos, montaxes, máscaras de entroido, xigantes, cabezudos e pezas escultóricas con gran presenza do mundo do teatro, co que Lombera tivo moito contacto durante os seus anos en Barcelona nos anos 70.

A mostra permanecerá na Casa do Cabido até mediados do próximo mes de febreiro e poderá visitarse en horarios de mañá e tarde.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta