Tres falecidos por gripe en Galicia

O número de mortes por gripe en Galicia elevouse a tres despois de que dúas persoas falecesen na última semana por este virus. As tres persoas tiñan indicada a vacina contra a gripe, pero dúas delas non a puxeran.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2017 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O número de mortes por gripe en Galicia elevouse a tres despois de que dúas persoas falecesen na última semana por este virus. As tres persoas tiñan indicada a vacina contra a gripe, pero dúas delas non a puxeran.

Vacina da gripe
Vacina da gripe | Fonte: Europa Press

Segundo recolle o sexto informe da gripe publicado este venres polo Sergas -ata o periodo que finalizou o 17 de decembro-, no que vai de campaña da gripe (que comezou na semana do 2 ao 8 de outubro), declaráronse 11 ingresos con virus da gripe confirmado, dos cales 45 permanecían ingresados na última semana.

Do total de ingresos que se rexistraron desde o 2 de outubro, o 68% tiñan gripe B, tres casos tiñan gripe A e B, e o resto presentaron gripe A.

Ademais, dos 111 ingresos, o 85% do total (unhas 95 persoas) tiña indicada a vacina antigripal e, deles, o 68% (unhas 65 persoas) non a tiña posta cando tivo que ser hospitalizado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta