GC Aberto

Nós tamén gañamos

Desta volta e con tal alta participación, as urnas en CAT (ese instrumento revolucionario) falaron e falaron máis claro que nunca.

Por suso | Ferrol | 23/12/2017

Comparte esta noticia

Conclusións moitas xa anunciadas mesmo antes de producirse: Un partido monarquico é o partido máis votado; que o bloque republicano repite a vitoria electoral; que os partidos máis radicais perden apoios e pasan a ser os últimos da fila (CUP e PP), que por certo un PP que se lle aplicamos a Lei que eles mesmos aprobaron en Galicia co límite do 5% quedarían fóra do Parlament; que os que hai tempo nos dan a matraca con que son a renovación e seguen baixando pola súa indefinición; que os cataláns volverán reeditar un goberno con forzas políticas propias, etc 

A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
A sede de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, durante o reconto de votos na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

Pero máis alá dos titulares, hai outras reflexións que convén analizar para ver se a Galicia lle vai ir mellor cos resultados actuais ou non .

Dando por feito que o soño independentista fica niso, nun soño por un tempo, e tendo en conta que o equipo do novo goberno catalán vai ser de corte republicano, ¿que consecuencias vai traer iso para Galicia?

Dentro dun plano estritamente político, ao marxe do plano socio económico que da para un estudo longo e de momento de difícil conclusión, podemos dicir que o resultado deita un beneficio a medio prazo.

No que respecta ao apoio electoral e en concreto dentro do mundo propiamente catalán, que a opción máis votada sexa a marca JxC do PDeCat (herdeiro da anterior CIU) socio nas Eleccións Europeas da Coalición por Europa na que participou Compromiso por Galicia, fai que o noso País teña a través de CxG a mellor canle de comunicación co que vai ser un goberno catalán potente, o de maior potencia económica dentro do Estado, e máis sólido que na pasada lexislatura na que se veu sometido as imposicións permanentes da CUP.

Conclusións de índole peninsular e continental.

Todo apunta que na lexislatura que comeza, inevitablemente se teñen que mover pezas chave dentro da necesaria bilateralidade, para evitar chegar as anomalías xurdidas e vividas en Cataluña nos últimos tempos, e para esa campaña, é de vital importancia a presentación de novo da GALEUSCAT. A potencia do socio na Coalición por Europa dentro do goberno catalán, xunto ao que representa o PNV para o País Vasco, e na que evidentemente debe participar Compromiso por Galicia pola relación estratéxica cos mesmos, fará que  comece unha nova etapa para o conxunto do actual Estado. Por extensión, o futuro de Europa pasa polo recoñecemento dos seus pobos e as expresións que estes queiran adoptar, reto a introducir polos representantes da Coalición por Europa no Parlamento Europeo.

Conclusións de carácter estratéxico para Compromiso. 

O éxito previsible pero non previsto por ningún medio demoscópico do PDeCat, é unha mostra da potencia electoral dunha organización que ten os “pes na terra” na política de transversalidade ou moderación (no plano político) pero tamén no asentamento territorial no orgánico, que con todo o proceso de mutación e acoso ao que se viron sometidos nos últimos anos, conseguiron superar o combate electoral sendo a primeira forza política catalana. Confirma a certeza da liña estratéxica de Compromiso (socio tamén estratéxico do outro), que está levando con moita intensidade no ano que remata e no que máis se debe aplicar no 2018. 

En Galicia, nós tamén gañamos, pois se a Cataluña tan ben lle foi durante tantas décadas de gobernos propios, con forzas políticas propias, poñendo ese País como motor económico principal do Estado,  e que a pesar da situación actual repiten con outro goberno propio, é sinal clara que saben que poden seguir a mellorar as súas condicións de vida, negociar o mellor para Cataluña onde sexa, en Madrid, en Bruxelas, etc. E nos debates que haberá sobre financiamento autonómico, nós os galegos non imos quedar atrás, pediremos o mesmo, por iso nós tamén gañamos.

Suso Ares

Temas: CATALUñA 21D
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta