Cataluña, e agora que?

A maioría no bloque independentista parece presaxiar un goberno formado por ERC, JxCat e as CUP, xa que son os únicos que suman o mínimo de 68 escanos necesarios no Parlament para a maioría absoluta. Os números non saen no bloque constitucionalista, pero quedan aínda moitas incógnitas por resolver ata a data límite do 23 de xaneiro.

Por Rosalía R. Mendez | Barcelona | 22/12/2017 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A loita entre dous bloques tivo onte un claro gañador: os partidos independentistas. JxCat, ERC e as CUP, suman 70 escanos, dous máis dos 68 que marcan a maioría absoluta no Parlament. Mentres, entre os partidos constitucionalistas, maila a vitoria de Ciutadans, a suma total ascende a 57 escanos, lonxe da maioría que lles permitiría formar un novo goberno.

Os líderes de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, tras coñecer que quedaron como terceira forza política nas decisivas eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
Os líderes de Esquerra Republicana de Catalunya en Barcelona, tras coñecer que quedaron como terceira forza política nas decisivas eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Miguel Núñez

Desde JxCat consideran que o mandato democrático das urnas é o de traer de volta o president cesado. Carles Puigdemont comparecía onte a noite dende Bruxelas para celebrar que “a República catalá gañaba á Monarquía do 155” e propoñía esta mesma mañá un encontro co presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, “sen condicións” para dialogar e atopar unha “solución política” á cuestión catalá. Este encontro tería que celebrarse en Bruxelas ou noutro país da UE, xa que Puigdemont sería detido no caso de entrar en territorio español.

Unha lectura parecida dos resultados fan dende ERC, que quedou como terceira forza máis votada, moi preto de JxCat. Marta Rovira pedía restituir o “Govern lexítimo”, coa liberación do seu líder Oriol Junqueras e a volta de Puigdemont para poder “formar goberno o máis rápido posible que poña fin o 155”.

As CUP, maila perder forza, continúa con catro deputados que terían a chave da formación dun goberno independentista. Pero a súa condición segue a ser a negativa a negociar co Estado. “A única posibilidade é a unilateralidade”, afirmaba onte Carles Riera.

INCÓGNITAS SOBRE UN POSIBLE GOVERN INDEPENDENTISTA

A pesar de presentarse por separado e de certas diferenzas ó longo da campaña entre JxCat e ERC, ambas as dúas forzas soben tanto en votos como en escanos. Son catro máis dos obtidos pola coalición que formaran en 2015, o que lles permite unha maior marxe de manobra que na anterior lexislatura.

Unha abstención dos deputados da CUP sería suficiente para que Puigdemont fose investido president. Coa composición do novo Parlament só serían necesarios os votos a favor do seu partido e os de ERC, sumando 66 a favor e 65 en contra.

Pero aínda que as matemáticas dean unha maioría suficiente para gobernar, aínda queda por resolver moitas outras cuestións sobre cómo funcionaría un Parlament con varios dos seus deputados encarcerados ou se poderá voltar Puigdemont para ser investido president.

O ANSIADO REFERENDO

Aínda que o dereito a decidir non foi clave durante os días de campaña, agora semella coller forza tras as declaracións das últimas horas desde ERc e JxCat. Tanto Puigdemont como Marta Rovira chamaban ó diálogo e abrían a man a posibles alianzas con outros grupos políticos en temas concretos como o referendo de independencia catalán, en clara alusión a Catalunya en Comú.

OS GRUPOS CONSTITUCIONALISTAS NON SUMAN

Á hora de pensar en posibles pactos, queda claro que a suma de C´s, o PSC e o PP non chega a unha maioría suficiente para formar goberno, quedando en 57 escanos, lonxe dunha maioría absoluta ou, cando menos, suficiente. O mesmo número queda se sumamos un posible pacto improbable das forzas tradicionais de esquerdas; PSC, ERC e CenC.

Con todo, Inés Arrimadas comentaba esta mañá que non dá por feito o goberno independentista e tentará formar goberno. Cuitadans foi o partido máis votado onte en Cataluña, concentrando a maioría dos votos na zona de Barcelona e arredores, caladoiros tradicionais dos socialistas.

Se hai algo que quedou patente onte en Cataluña foron as diferenzas salientables entre o rural e as cidades. Mentres en Lleida e Girona arrasaron os independentistas, en Barcelona e Tarragona subían os votos a partidos constitucionalistas como Ciutadans.

O PSC suma un deputado e admite que esperaba mellores resultados. O seu líder catalán, Miquel Iceta, facía autocrítica hoxe recoñecendo que non foran capaces “de xerar suficiente confianza” mentres que Pedro Sánchez criticaba que o PP tiña “menos apoio en Cataluña que unha forza antisistema” e afirmaba que “a única forza capaz de vertebrar España é o PSOE”.

O PP tiña onte os peores resultados da súa historia en Cataluña, pasando de 11 a 3 deputados que pasarán a formar parte do grupo mixto. Lonxe de facer autocrítica, o seu líder Xavier G. Albiol negaba hoxe a posibilidade de dimitir, xa que “iso deixaría o partido nunha situación delicada” e Mariano Rajoy afirmaba que os resultados en Cataluña non son extrapolables a outras eleccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

5 Natasha Rostova delasRestrevas

En realidade todo isto é moi complicado, pero ten unha explicación marxista... Que non é a que dan mareantes e podemitas. Atopo este artigo moi atinado. http://www.rebelion.org/noticia.php... En Andalucía vedes que se fan análises moi atinados do que está a pasar e aquí en Galicia que temos? A desunión do nacionalismo conseguida por Beiras, Antonciño, o alcalde delaCoru e Martiño... Cando escribo, non escribo tonterías, nin refritos dos medios de comunicación, senón que tento que o que escribo describa a realidade. Sei que non serve de nada, xa sei que vivo en Galicia e que ninguén me escoitará... Por iso escribo aquí, onde hai tanto freak comentarista... Porque non teño esperanzas, nin portas ás que chamar. Son unha patética Casandra berrando pola unión, a coraxe e a valentía a quen só saben de construír trapalladas.

4 VISCA CATALUNÑA LLIURE

o autentico pacto e o de constitucionalistas de PEPEIRO, PE$OIDEIRO, CHUPADANO E PODREIROS... si poisos mareados a marea catalanufa de expaña e aliada do pepeiro, estarían salvando expaña e mandarían entonces o apoderado da constitución española por podreiros o GRANDISIMO XURICONSULTO XOSE -VIEIRAS- enton todo seria constitución e unión de expaña, pero non poido ser os números non dan, GAÑARON OS NACIONALISTAS e enton o CANCRO DE PODREIROS O ESTUPRO, A LACRA, A ESTAFA DA MAREA NON PODE SEGUIR, sinon xa veriades, os podreiros apoiando a unión de expaña e votando co PEPEIRO

3 urco

Os aleutos comentaristas espanholeiros empregarám os mesmos critérios ao analisarem a sociologia eleitoral na Galiza. O PP nom alcanza o 50 % dos votos, logo é ilegítimo que governe , e o seu nicho de votos está nas bisbarras mais envelhecidas e de voto cautivo polos caciques populares.

1 Natasha Rostova delasRestrevas

Pero é que en Cataluña non é así. E o proces é basicamente a expresión dun profundo desafecto alentado pola catalonofobia. Incluso o éxito de Ciudadanos é coxuntural. Se o PSOE ou Podemos tivesen apostado claramente a carta do republicanismo federal recuperarían o cinto vermello. Mira eu son federalista e coñezo algo do que está a pasar. Non podemos perder un minuto máis. http://www.eldiario.es/zonacritica/... A solución está nas mans dos políticos e dos votantes en España. Eu creo en construír pontes e en votar a quen poda facelo. Todos sabemos que hai partidos tan extremistas na súa defensa do centralismo que non poden. E en Europa empezan a fartarse... Mentres que hai xente progresista que sabe o que está a pasar. Non podemos deixar que os extremistas acaben de empeoralo todo. https://www.elnacional.cat/es/polit...

2 urco

O post era pra evidenciar o dobre raseiro dos espanholistas. O critério com o que abençoam o governo popular na Galiza nom lhes vale pra reconhecer o triunfo dos independentistas em Catalunha. E o futuro estará marcado pola luita da emancipaçom das naçons arreu Europa, com efeitos coadjuvantes na libertaçom da Galiza.

2 Fernando G

La articulista no se entera de lo esencial y más interesante. El mundo rural catalán, caciquil y vividor de subvenciones, es indepe. La Cataluña urbana, trabajadora y emprendedora, no lo es. Las clases medias urbanas son las que hacen todos los cambios, y esas clases medias urbanas hoy son de Ciudadanos. Es simple cuestión de tiempo que el independentismo catalán caiga por su propio peso. ¿Quien se acuerda hoy del independentismo quebequés, o mismamente del de Irlanda del Norte?

1 Natasha Rostova delasRestrevas

Home, ese tipo de interpretacións son moi tramposas e permiten dobres ou triples lecturas e reviravoltas... Eu non son partidaria delas. E coñezo algo da situación como creo que xa teño amosado aquí. Nos barrios do antigo cinto vermello dáse moito a situación de pais ou nais maiores votando Ciudadanos ou PSOE e os fillos Esquerra... Non vendades esas simplezas porque cada vez as cre menos xente. O que si é moi significativo, para unha persoa de esquerdas coma min, é isto: https://twitter.com/alvaro_ims/stat... O mundo está a cambiar moito e de sempre a burguesía soubo percibir os cambios. Desafortunadamente os traballadores non teñen xa referentes de esquerda que os guien. E non, as clases medias emprendedoras de Cataluña non votan Ciudadanos. A clase media é a gran forza do independentismo.

2 Equidistando

https://www.elnacional.cat/es/polit... A ver, comprendo que se non ledes outra prensa máis que a centralista non saibades o que está a pasar en Europa... Mira, en verdade creo que debemos abandonar as posturas maximalistas e buscar o ben de todos. Deixade de dividir á sociedade. A onde imos así? http://elmon.cat/politica/denuncien...

1 Mari Conde Río

¿Para la corresponsal, el hecho de que la mayoría de los votos no son para los partidos independentistas, no merece análisis alguno? Me parecen bien las reflexiones que desgrana en el articulo, pero considero que este dato es importante para entender la realidad política de esa comunidad autónoma.