Temas: PSOE LUGO PSDEG

A nova executiva provincial do PSOE de Lugo recibe o apoio do 83,6% dos delegados

Estará liderada polo vencedor nas primarias, Álvaro Santos, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, como presidenta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2017 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Os delegados do PSOE de Lugo ratificaron na noite do venres a nova executiva provincial dos socialistas lucenses, liderada polo vencedor nas primarias, Álvaro Santos, e coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, como presidenta.

Executiva provincial do PSOE de Lugo
Executiva provincial do PSOE de Lugo | Fonte: Europa Press

Así, a lista, paritaria e con representación de "todo o territorio" lugués, recibiu o apoio do 83,6 por cento dos 116 delegados con 97 votos a favor e 19 en branco, segundo informou o PSOE de Lugo.

Deste xeito, Álvaro Santos foi ratificado como secretario provincial após a súa vitoria nas primarias celebradas a comezos do mes de decembro nas que se impuxo con claridade ao alcalde de Castroverde, José María Arias, e á tenente de alcalde de Burela, Patricia Otero.

A Executiva, presidida pola rexedora luguesa, Lara Méndez, conta co presidente da Deputación, Darío Campos, e o presidente das Xuventudes Socialistas da provincia, Miguel González, como membros natos.

As vicesecretarías xerais de Goberno local e de Relacións Institucionais serán ocupadas polo alcalde de Monforte, José Tomé, e pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, respectivamente.

María del Mar Iglesias encargarase da Secretaría de Organización, Sonsoles López Izquierdo da de Acción Política e Argelio Fernández da de Política Municipal e Horario Rouco, a de Acción Electoral.

Claudio Garrido (Medio Rural), Isabel Rodríguez (Benestar), Miguel Fernández (Sanidade e Deportes), Patricia Otero (Igualdade), Edmundo Maseda (Medio Ambiente), Primitivo Iglesias (Cultura), Margarita Social (Promoción Económica) e Miguel Rivas (Educación), completan as principais secretarías da nova executiva.

Temas: PSOE LUGO PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta