Temas: NADAL ANIMALISTA

O 40% dos animais regalados en Nadal en Galicia serán abandonados

A Asociación Animalista Libera! pide á Xunta unha "maior implicación" para previr estas situacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2017 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera! estima que un 40% dos animais regalados como presente en Nadal en Galicia serán abandonados e pide á Xunta unha "maior implicación" para previr estas situacións.

Can en adopción
Can en adopción | Fonte: Europa Press

Os animalistas aseguran que as cifras sobre abandono animal como consecuencia de compras "pouco reflexionadas" ou o emprego de animais como "mero agasallo do Nadal" son alarmantes. "Estas cifras non só falan de cans e gatos, senón tamén de especies de pequeno tamaño, como coellos, hámsters, cobaias e mesmo furons".

Para tratar de contrarrestar estes datos, Libera! lembrou que impulsa campañas nas cidades de Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense e traballa cos concellos da Coruña e Santiago en iniciativas informativas para desincentivar a compra de animais como agasallo.

Ademais, a asociación animalista advertiu das consecuencias do comercio ilegal, que incide especialmente nestas datas. Así, sinalou que en dúas semanas trasladaron á Xunta 37 denuncias administrativas de anuncios de potenciais transaccións ou intercambios de todo tipo de animais sen control fiscal e sanitario.

Neste punto, lembra que a nova Lei de Benestar Animal, que entrará en vigor o próximo 12 de xaneiro, esta chamada a resolver parte destas situacións xa que contempla a prohibición de, entre outras cuestións, exhibir animais en escaparates.

Temas: NADAL ANIMALISTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta