A valedora do Pobo defende a súa independencia: "Hai máis actuacións contra o partido de goberno"

Milagros Otero defende a súa independencia fronte aos que a acusan de xestionar a institución dunha maneira cómoda para a Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2017 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A valedora do Pobo, Milagros Otero, volveu defender a súa independencia fronte aos que a acusan de xestionar a institución dunha maneira cómoda para a Xunta de Galicia. Así, emprazou aos que teñen esa visión do seu traballo a que lean os informes das súas actuacións para que, segundo Otero, poidan constatar que o Valedor fai "máis actuacións contra o partido de goberno" e que "as queixas idénticas se resolven de igual maneira".

A valedora do Pobo, Milagros Otero
A valedora do Pobo, Milagros Otero

Fíxoo nunha entrevista este domingo na Cadena Ser na que Milagros Otero indicou que o PP acumula maior número de expedientes porque os populares teñen máis responsabilidades de goberno en Galicia. "Calquera valedor ten que pelexar máis co partido que está no goberno porque ten maior responsabilidade", apostilou.

En canto á polémica aberta co Concello de Santiago, Otero mostrouse doída polas "acusacións" de partidismo que lle chegaron desde o goberno da capital galega. "Doéronme porque me doe a mentira e a inxustiza e moitas das persoas que me acusaron eran conscientes de que non era certo", engadiu.

"NON SEREI UNHA FIGURA DECORATIVA"

"Non serei nunca unha figura decorativa", indicou Otero en referencia á súa implicación durante a vaga de incendios de mediados do mes de outubro, que se cobrou a vida de catro persoas e arrasou 49.000 hectáreas.

"Chamei, ofrecín a miña visita e logo contactei coa Consellería do Medio Rural e trasladei as preocupacións destas persoas", remarcou, para logo expresar que, nalgunhas ocasións, o resultado das actuacións da institución que dirixen non a deixan satisfeita, como no caso das peaxes da AP-9 no verán. "A filosofía do Valedor é non conformarse", concluíu.

En canto ao aumento das queixas presentadas ante o Valedor este ano en comparación con 2016, Otero comentou que isto é debido a que "a sociedade galega coñece máis" esta institución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Anti...

Decorativa non sei, agora be, é a valedora do pobo de ningures.

2 FMM

Parte do sistema, so hai que ver quen a propon e quen a nomea, e cando non sexa útil vai o lixo como lle pasou os anteriores....asi que a facer outo muro para os administardosl e a cobrar...

1 Manda

Que bien esta cobrando de los gallegos sin hacer nada por ellos a sí jo di en do los