Temas: ABANCA MóBIL

Como pagar desde o móbil

ABANCA pon en marcha o seu wallet. A aplicación tamén incorpora a funcionalidade Masterpass, que permitirá aos clientes simplificar as compras en liña.

Por GC Emprende | A Coruña | 26/12/2017 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

Os clientes de ABANCA terán, a partir de agora, máis doado facer compras. A entidade acaba de lanzar para todos os seus clientes un novo servizo dixital para pagar co móbil, o wallet ABANCA, que permitirá aos clientes da entidade financeira galega ter todas as súas tarxetas ABANCA no móbil e pagar directamente co seu smartphone en calquera establecemento comercial no que se poida utilizar unha tarxeta de débito ou crédito contactless.

Este novo servizo de carteira dixital está dispoñible na aplicación de pagos de móbil a móbil da entidade financeira, ABANCA Pay, e é gratuíto. Poderase asociar calqueira tarxeta VISA ou Mastercard, de crédito ou débito, de ABANCA. Tamén se incorporou a esta aplicación a funcionalidade de Masterpass, un novo medio de pago para facer compras en internet a través do móbil, tablet ou ordenador.

Apertura de conta en Abanca a través dunha aplicación do teléfono móbil
Apertura de conta en Abanca a través dunha aplicación do teléfono móbil | Fonte: Abanca

Para utilizar este sistema hai que baixar a aplicación de ABANCA Pay e o cliente terá acceso ao servizo de wallet e Masterpass. As tarxetas de crédito e débito de ABANCA que teña o usuario cárganse directamente na aplicación e non ten que introducilas o cliente, xa que a app está asociada á súa conta de banca electrónica.

A actualización de ABANCA Pay incorpora tamén a posibilidade de pagar en comercios en liña utilizando o sistema Masterpass.

Temas: ABANCA MóBIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta