Concellos galegos piden máis orzamento para Benestar Animal

Sete municipios coruñeses apoian as mocións das asociacións animalistas Libera e Franz Weber e a proposta chegará nos vindeiros días a outros oito concellos da Coruña e Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/12/2017 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

Os concellos coruñeses de Valdoviño, Betanzos, Mugardos, Bergondo, Narón, A Coruña e Cambre aprobaron xa mocións para instar ao Goberno galego a aumentar o orzamento previsto para a nova Lei de Benestar Animal (en vigor dende o 12 de xaneiro) e deste xeito asumir “a súa parte de responsabilidade” nas políticas contra o abandono de animais.

Unha cadela tras ser supostamente guindada á rúa polos seus donos.
Unha cadela tras ser supostamente guindada á rúa polos seus donos. | Fonte: GC

Segundo aseguran as fundacións animalistas Libera e Franz Weber, a Xunta só “dedicará 100.000 euros en todo o exercicio de 2018” á consignación de recursos municipais a este fin.
As devanditas asociacións consideran que este orzamento é "insuficiente" malia ás “numerosas novedades” da norma, aprobada no Parlamento galego o pasado 27 de setembro co único apoio dos deputados do PP.

Estes colectivos están trasladando as mocións aos diferentes partidos políticos, e xa contan co apoio de BNG ou as mareas. Así, Libera e a Fundación Franz Weber avanzan que o debate da moción chegará ao concello coruñés de Rianxo o vindeiro 28 de decembro, e que asemade incluirase nos plenos de Boiro, Ames, As Pontes, Cangas, Bueu, Marín e A Estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta